Title: Emprende: crea a ta empresa
1Emprende crea a túa empresa
- Viveiros de empresas nos centros de Formación
Profesional
2FP Emprende
- Que é?
- FP Emprende é un programa que pretende axudar ao
alumnado de Formación Profesional a crear a súa
empresa desde os centros educativos, a través dos
seus viveiros de empresa. - A quen vai dirixido?
- Alumnado de Formación Profesional maior de idade
que curse o último ano dun ciclo formativo nun
centro público da Comunidade Autónoma de Galicia
que participe na rede de viveiros de empresas. - Persoas tituladas de Formación Profesional nos
dous últimos anos.
3FP Emprende
- Que é un viveiro de empresas?
- É un local acondicionado para a actividade
empresarial que se cede, de xeito gratuíto e
durante dous anos, ás persoas participantes no
programa para que poñan en funcionamento un
proxecto empresarial. - A Consellería de Educación realizou un grande
esforzo no acondicionamento de espazos nos
centros que contan con este programa, dotándoos
de recursos suficientes para abordar o proxecto
empresarial, como ordenadores, Internet,
teléfono, fax, impresoras, fotocopiadoras - Ademais, o alumnado participante pode utilizar os
recursos existentes noutras dependencias
(obradoiros, laboratorios), para poñer en
funcionamento as súas empresas. - En cada viveiro existe unha persoa titora que
asesora e acompaña ás persoas emprendedoras en
todo o proceso de creación e posta en
funcionamento da súa empresa.
4FP Emprende
- Ademais da implicación dos centros e dos
docentes, é importante a colaboración de empresas
e institucións. - Así, o IGAPE e BIC Galicia colaboran nesta
iniciativa, poñendo a súa axuda e experiencia a
disposición dos titores, así como o seu
asesoramento cando os emprendedores precisan do
apoio exterior de gabinetes especializados.
5FP Emprende
- Un total de 6 centros de FP xa contan co seu
propio viveiro de empresas e están a traballar de
xeito experimental nesta innovadora experiencia - Instituto de Educación Secundaria (IES) Manuel
Antonio de Vigo - IES Luís Seoane de Pontevedra
- IES Portovello de Ourense
- IES Politécnico de Lugo
- Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP)
Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol - CIFP Ánxel Casal de A Coruña
-
Nestes viveiros estanse a desenvolver as
primeiras ideas empresariais propostas por
alumnos e alumnas, en campos como as enerxías
renovables, o deseño gráfico ou o sector textil.
6FP Emprende
- Emprende crea a túa empresa supón unha auténtica
plataforma de difusión do espírito emprendedor,
invitando á creatividade, á innovación e ao
desenvolvemento de habilidades para planificar e
xestionar proxectos.
É a primeira vez no ámbito do Estado que unha
Administración educativa introduce nos centros de
FP a opción de crear e xestionar empresas, con
asesoramento especializado, espazo físico propio
e recursos materiais para desenvolver os
proxectos empresariais e ideas innovadoras dos
alumnos que rematan estas ensinanzas.
7FP Plus
- FP Plus Unha iniciativa pioneira
- FP Emprende enmárcase no programa FP Plus, unha
iniciativa pioneira no Estado que se iniciou o
curso pasado, e que ten por obxectivo fomentar
iniciativas emprendedoras entre o alumnado de
Formación Profesional. - A posta en marcha desta iniciativa no actual
curso académico supuxo un investimento de 260.000
euros. - O proxecto consta de catro programas
- FP Idea
- FP Avanza
- FP Emprende
- FP Simula
8FP Idea concurso de ideas innovadoras e
emprendedoras
- FP Idea premia o mellor proxecto empresarial ou a
mellor idea innovadora do alumnado de Formación
Profesional. - Comprende dúas modalidades
- Mellor idea innovadora premiará o mellor
proxecto que desenvolva unha idea innovadora
relacionada coa FP. Tamén resultará premiada a
mellor idea innovadora relacionada co medio
ambiente e o desenvolvemento sostible. - Mellor idea empresarial premiará o mellor
proxecto de creación dunha nova empresa ou que
fose creada nos dous últimos anos na Comunidade
galega. - A convocatoria publicarase proximamente no Diario
Oficial de Galicia.
9FP Avanza formación para creares a túa empresa
- Pretende darlle ao alumnado que curse ensinanzas
de FP unha cualificación práctica relacionada co
proceso de creación de empresas mediante un
seminario e un circuíto de visitas guiadas a
empresas e viveiros de creación de empresas. - Isto permitirá ao alumnado o coñecemento da
experiencia de persoas emprendedoras vinculadas
ao seu sector de interese. - A Consellería remitirá en breve a información aos
centros para que fagan a selección interna do
alumnado.
10FP Simula empresas simuladas na aula
- Este programa púxose en marcha de xeito
experimental en 6 centros galegos no curso
2007-2008. - IES Portovello de Ourense
- IES A Piringalla de Lugo
- IES Fernando Wirtz de A Coruña
- IES Luís Seoane de Pontevedra
- CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol
- IES A Guía de Vigo
- Consiste na constitución dunha empresa virtual
nun centro educativo, de xeito que cada centro
participante transforma a súa aula nunha empresa
simulada. - O alumnado participa en primeira persoa no
proceso de creación da empresa e pasa a ocupar os
diversos postos de traballo de xeito rotatorio.
11FP Simula empresas simuladas na aula
- A empresa intégrase nunha rede internacional,
polo que establece relacións comerciais con
empresas simuladas de países como Alemaña,
Estados Unidos, Canadá, Italia ou Suecia. - Neste proxecto participaron 175 alumnos.
- Neste curso 2008-2009 incorporouse unha nova
familia profesional, a de Hostalería e turismo,
ao traballo coa empresa simulada. Así, o Centro
Integrado de Formación Profesional (CIFP) Carlos
Oroza de Pontevedra vén de unirse a este
proxecto. - O cuso pasado xa se aplicaba nas familias de
Administración e de Comercio e marketing.