Presentaci - PowerPoint PPT Presentation

1 / 6
About This Presentation
Title:

Presentaci

Description:

... Sanitarias 061. Desenvolver un plan de formaci n, dirixido ao persoal docente, sobre soporte vital, reanimaci n cardiopulmonar b sica (RCP) ... – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:63
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 7
Provided by: Antonio270
Category:

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: Presentaci


1
Programa Alerta Escolar
2
Definición
Acordo de colaboración entre a Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria e a
Fundación Pública Urxencias Sanitarias de
Galicia-061 de modo que o profesorado en xeral
sexa capaz de recoñecer unha emerxencia médica,
de realizar os xestos fundamentais para salvar as
vidas dos alumnos que presenten algunhas das
patoloxías para os que o referido programa foi
deseñado e de alertar eficazmente á Central de
Coordinación da Fundación Pública Urxencias
Sanitarias de Galicia-061, de forma que se logre
un alto nivel de eficacia e unha racional
utilización dos recursos de atención ás
emerxencias dispoñibles.
Programa Alerta Escolar
3
Obxectivos
Promover a cooperación e a colaboración para o
desenvolvemento das iniciativas e actuacións
contidas no Programa Alerta Escolar, así como a
súa difusión entre os pediatras da Comunidade
Autónoma, o profesorado e pais/nais ou persoas
que exerzan a patria potestade ou tutela do
alumnado
Achegar atención sanitaria inmediata e eficaz a
todos os escolares, de 3 a 16 anos, que padezan
patoloxías crónicas tales como epilepsia,
reaccións alérxicas ou diabete.
Programa Alerta Escolar
Potenciar que o profesorado sexa capaz de
recoñecer unha emerxencia médica, e de prestar
unha primeira atención para tratar as patoloxías
descritas, tras alertar á Central de Coordinación
de Urxencias Sanitarias 061.
Desenvolver un plan de formación, dirixido ao
persoal docente, sobre soporte vital, reanimación
cardiopulmonar básica (RCP) e uso e mantemento da
botica de primeiros auxilios
4
Compromisos (Sanidade)
Envío de un mail informativo a tódolos pediatras
da Comunidade Autónoma que reflexe a posta en
marcha do Programa Alerta Escolar, o seu
sentido e significado.
Elaboración dunhas recomendacións xerais e guías
de actuación de uso fácil e de rápida aplicación
que lle servirá ao profesorado para recoñecer o
cadro clínico das patoloxías incluídas no
Programa Alerta Escolar, como paso previo ao de
solicitar asistencia sanitaria a través do número
de teléfono 061.
Elaboración de carteis informativos do Programa
Alerta Escolar, que serán expostos nos centros,
así como de dípticos dirixidos aos pais/nais, nos
que se lle informa de todo o relativo ao
desenvolvemento do Programa. Ambos en número
suficiente como para garantir a súa adecuada
difusión
Programa Alerta Escolar
De común acordo coa Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria, a través do Programa de
Formación do Profesorado para o curso 2007/08,
levar a cabo un plano de formación sobre soporte
vital, RCP e primeiros auxilios nos centros. Será
impartido por persoal sanitario cualificado e
cada actividade terá unha duración mínima de 10
horas.
5
Compromisos (Educación)
Envío de un mail informativo a tódolos centros
educativos, e colgando esta información no
portal educativo da Consellería de Educación.
Distribución á rede de centros educativos da
Comunidade Autónoma dos carteis, dípticos (para
pais/nais) e trípticos (para profesorado)
elaborados conxuntamente coa Consellería de
Sanidade-Fundación Urxencias Sanitarias 061
Desde os centros educativos, distribución aos
pais/nais e titores, durante o proceso de
admisión do alumnado, da información e
documentación necesaria para incluír aos seus
fillos e fillas, de se-lo caso, no Programa
Alerta Escolar
Programa Alerta Escolar
Creación dun ficheiro, de acordo coa Lei Orgánica
15/1999, do 13 de decembro sobre Protección de
Datos de Carácter Persoal, coa finalidade de
conter a información máis relevante do alumnado
incurso no Programa Alerta Escolar.
Inclusión no Programa de Formación do Profesorado
para o curso 2007/08, a través dos CEFORES, dun
curso deseñado e impartido por profesionais
sanitarios, e destinado ao persoal docente.
6
Patoloxías incluídas no Programa
EPILEPSIA. Afección crónica que se caracteriza
pola repetición de crises debidas a unha descarga
excesiva nas neuronas cerebrais. A crise
convulsiva é un tipo de crise epiléptica
SHOCK ANAFILÁCTICO. Síndrome clínico de
hipersensibilidade grave, caracterizado por
alteracións cardiovasculares e respiratorias.
Sempre existe un axente desencadeante, que recibe
o nome de alerxeno
Programa Alerta Escolar
HIPOGLICEMIA. Caracterízase pola existencia de
niveis moi baixos de glucosa en sangue. Non
sempre se manifesta clínicamente, e cando o fai,
os síntomas desaparecen ao normalizarse a
glicemia co tratamento.
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com