Presentaci - PowerPoint PPT Presentation

About This Presentation
Title:

Presentaci

Description:

Un dos primeiros estudosos da circulaci n foi Galeno. Este m dico do s culo II cr a que: Galeno O f gado o rgano que forma o sangue. – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:36
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 9
Provided by: aalcon
Category:
Tags: presentaci | tivo

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: Presentaci


1
(No Transcript)
2
  • ? O fígado é o órgano que forma o sangue.
  • ? O fígado bombea o sangue cara ao corazón.
  • ? Unha vez no corazón, o sangue mestúrase co aire
    procedente dos pulmóns.
  • ? Despois de quecer no corazón, o sangue
    distribúese por todos os órganos levándolles
    alimento, e, finalmente, acaba transformándose en
    carne.

3
Alexandra Gilliani
Unha contribución importante na historia da
circulación sanguínea foi a de Alexandra
Gillianni (1275-1326), anatomista da Universidade
de Bolonia, cuxo traballo tivo un gran
recoñecemento a pesar da época en que lle tocou
vivir.
Inventou e utilizou unha técnica para trazar o
percorrido do sangue a través dos vasos
sanguíneos. A técnica consistía en extraer
sangue das arterias e das veas dos cadáveres e en
enchelos cun líquido que se solidificaba.
4
Leonardo Da Vinci
Da Vinci (1452-1519) estudou o corazón e fixo
numerosos debuxos da súa anatomía. As
ilustracións nas que detalla as válvulas
cardíacas parecen indicar que debía coñecer o seu
funcionamento.
5
Miguel Servet
No ano 1553, o médico español Miguel Servet
cuestionou as ideas de Galeno, e explicou a
circulación pulmonar da forma seguinte
  • Os ventrículos comunícanse a través da arteria
    pulmonar, que sae do ventrículo dereito e que
    leva o sangue aos pulmóns.
  • O sangue, tras osixenarse e limparse de
    impurezas, é recollido pola vea pulmonar, que a
    transporta ata o corazón.

6
William Harvey
No século XVII, o médico inglés William Harvey
describiu a circulación, que hoxe coñecemos como
circulación xeral, da maneira seguinte
  • O sangue flúe cara ao corazón, a través das veas,
    e repártese desde o corazón, polas arterias, a
    todas as partes do corpo.
  • O movemento do sangue é continuo e circular.
  • As válvulas que teñen as veas só permiten o paso
    do sangue en dirección ao corazón.
  • O corazón bombea o sangue.

7
Para facer as actividades sobre esta
presentación. PREMA
Actividades
8
Actividades
Expresa o que sabes 1 Explica en que aspectos se
equivocou Galeno sobre a circulación sanguínea.
2 Explica a que se pode referir o texto sobre a
Alexandra Gilliani con o seu traballo
tivo un gran recoñecemento, a pesar da época en
que lle tocou vivir Ten iniciativa 3 Busca
información sobre Leonardo Da Vinci (1452-1519) e
escribe un texto sobre outras das súas achegas.
Para volver ver esta presentación. PREMA
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com