Title: A MITOLOX
1- A MITOLOXÍA
- NA HISTORIA
- DA ARTE
- I. A creación do mundo
2COSMOGONÍA SEGUNDO HESÍODO
- Urano, despois de enxendrar aos Titáns con Xea,
non deixa saír ao resto da súa descendencia do
ventre da súa nai Xea (a Terra)
3CRONOS CASTRA AO SEU PAI URANO
- Cronos axuda á súa nai Xea castrando ao seu pai
4Nacimiento de Afrodita
Revista o corsario (vilagarcía)
Boticelli
- Segundo Hesíodo, afrodita nace do semen de Urano
que cae ao mar
5Cronos (saturno) devorandoós seus fillos
- Cronos, temendo ser destronado polos seus
descendentes, devora aos fillos que ten con Rea
Hestia, Deméter, Hera, Hades e Poseidón.
6- Ao nacer Zeus, Rea engaña a Cronos dándolle unha
pedra
7Infancia de Zeus
- Zeus é criado en secreto nunha cova do monte Ida
ou dictis, en Creta. - Xa adulto e coa axuda de Metis, da unha droga a
cronos para que vomite aos seus irmáns.
8Loitas polo poder Titanomaquia
Jordaens
- Os deuses, axudados polos Hecatonquiros e
Cíclopes declaran a guerra aos Titáns. - Vencen os deuses, Zeus asume o poder e Cronos é
desterrado
9LOITAS POLO PODER XIGANTOMAQUIA
- OS XIGANTES REBÉLANSE CONTRA OS DEUSES.
- OS DEUSES VENCEN COA AXUDA DE ATENEA, RECÉN
NACIDA DA CABEZA DE ZEUS, E DO MORTAL HERACLES
10Reinado de Zeus
- Zeus, asume o poder como rei da terra e dos ceos
- Reparte o poder cos seus irmáns Hades reina
nos Infernos e Poseidón nas augas e mares
11A creación do home
Piero di cosimo
- Prometeo, fillo do titán Xapeto, crea aos homes
con barro por encargo de Zeus - Atenea insúflalles a vida e a sabiduría
12Prometeo, o benfeitor dos homes
Rubens
Cossiers
- Prometeo rouba o lume para os homes e é castigado
por zeus a ser encadeado no cáucaso e que un
aguia lle devore as entrañas cada noite - Será liberado por Heracles
13Castigo dos homes
- Zeus castiga aos homes por beneficiarse do lume
coa muller Pandora a que ten todos os dons
14Pandora
- Pandora casa con Epimeteo, irmán de Prometeo
- Os deuses entréganlle unha caixa que non debe
abrir. - Pandora non pode aturar a curiosidade e abre a
caixa. - Da caixa saen todos os males, só quedando dentro
a espranza
Waterhouse
15O Diluvio
- Zeus castiga aos homes pola súa maldade.
- Envía un diluvio do que so se salvan un parella
de homes bos Deucalión e Pirra - para volver a poboar a Terra de homes deberán
sementar os osos da súa nai. - Interpretan que a súa nai é a terra, polo que
botan pedras. Das pedras de Pirra xurden mulleres
e das de Deucalión homes
A. del minga
16- A MITOLOXÍA
- NA HISTORIA
- DA ARTE
- II. Deuses
17Zeus
Poelenbourgh
- Os seus emblemas son a aguia, raio, cetro...
- Nome romano Xúpiter
- Deus dos ceos e terra, rei de deuses e homes
- Tivo numerosas unións tanto con deusas como con
mortais - Para seducir as súas amantes solía transformarse.
18Zeus-Metis
- Metis, A intelixencia,foi a súa primeira esposa.
- da súa unión con ela naceu Atenea, deusa da
sabiduría. - Zeus tragou a Metis embarazada por medo a que a
súa descendencia o destronara. - Atenea nace armada da cabeza de Zeus, coa axuda
de Hefesto
19Zeus-Temis
goya
- Con Temis, a Xustiza, enxendra ás Horas, deusas
das estacións, e ás Moiras ou parcas, encargadas
do destino dos homes
20Zeus-Mnemosine
poussin
- Da súa unión con Mnemosine, a Memoria, nacen as
Nove Musas, protectoras das artes e compañeiras
de Apolo
21Zeus-Eurínome
FRESCO DE POMPEIA
RUBENS
- Desta unión nacen as Tres Gracias, divindades da
beleza
22Zeus- Hera
VELAZQUEZ
aRES lUDOVISI
CARRACI
- É a súa lexítima esposa.
- Desta unión nacen Ares, Hefesto, Ilitía e Hebe
23Zeus-Leto
aPOLO DE BELDEVERE
dIANA DE VERSALLES
- Con Leto, tamén filla de Titáns, enxendra dous
fillos xemeos - Apolo, deus das artes e adivinación, asociado co
Sol - Artemisa, deusa da caza, virxe, asociada coa Lúa
24Zeus-Maia
BaRtholomaus
Praxíteles
- Con Maia, deusa da vexetación enxendra a Hermes,
mensaxeiro dos deuses, deus dos camiñantes
25Zeus-Semele
Moreau
Caravaggio
- Con Semele, unha mortal, tivo a dioniso, que foi
divinizado como protector do viño e do teatro - Semele morre fulminada ao pedirlle a zeus que se
lle amosase en toda a súa grandeza.
26Zeus- Alcmena
- Para seducir a Alcmena, muller do rei de Tebas
Anfitrión, Zeus toma a forma do seu esposo. - Alcmena, tamén embarazada do seu marido da a luz
dous fillos Heracles ou Hércules, fillo de Zeus,
e Ificles, fillo de Anfitrión
27Zeus-Dánae
tiziano
- Dánae, filla do rei de Argos Acrisio, é seducida
por Zeus transformado en chuvia de ouro. - Da súa unión nace Perseo, matador da Medusa
28Zeus-Europa
Quellinus
- Zeus transfórmase en touro para unirse con
Europa, princesa fenicia. - Zeus leva a Europa no seu lombo ata a illa de
Creta, onde se une a ela. - Da unión nacen Minos, lendario rei de Creta,
Sarpedón e Radamantis.
29Zeus-Leda
Dalí
Giampetrino
- Para seducir a Leda, muller do rei de Esparta
Tíndaro, Zeus transfórmase en cisne - O resultado son catro fillos Helena e Pólux (de
Zeus) e Clitemnestra e Cástor (de Tíndaro)
30Zeus-Ío
Velazquez
Correggio
- Únese a ela en forma de névoa.
- Para protexela dos celos de Hera convírtea en
vaca. - Hera descubriuna e púxolle como gardián o xigante
argos, o dos cen ollos - Hermes mata ao xigante por orde de Zeus, entón
hera mándalle un tabao e faina tolear - Io, entolecida, percorre toda Grecia e pasa a
Asia. - É acollida en Exipto, onde dá a luz a Épafo e
recobra o seu aspecto orixinal.
31Máis amores de Zeus
fragonard
- únese a calisto,ninfa de artemisa, transformado
nesta deusa. da unión nace Árcade
- A Ganimedes ráptao trans-formado en aguia para
que faga de copeiro dos deuses
Ingres
- A Antíope sedúcea transformado en sátiro. Da
unión nacen Anfión e Zeto
Correggio
32HERA
moreau
- Filla de Cronos e Rea, irmá e esposa lexítima de
Zeus. - É a raíña dos deuses e a deusa dos matrimonios
- É moi celosa e persegue ás amantes de Zeus e os
seus fillos
- O seu emblema é o pavo real
- Nome romano Xuno
33Poseidón
- Fillo de Cronos e Rea.
- Deus das augas e mares e terremotos (o que
sacode a terra - Moi venerado en Grecia, pobo mariñeiro
- Emblema tridente, cabalo, animais mariños.
- Nome romano Neptuno
34Poseidón
- Está casado coa nereida Anfitrite.
- Tivo outros fillos con outras divindades
Polifemo coa ninfa Toosa, Pegaso con Medusa...
35Atenea
- No seu escudo ten a gorgona, morta por perseo
- Deusa da sabiduría e da guerra
- é virxe
- Emblema curuxa, escudo, casco e lanza
- Nome romano Minerva
36Atenea
- É a patrona de Atenas, despois de vencer a
Poseidón nunha disputa. - É unha das deusas máis importantes do panteón
grego. A ela está dedicado o Partenón
37Apolo
- Emblema lira, arco, frechas, coroa de loureiro,
sol - Nome romano Apolo
- Deus da adiviñación e das artes, especialmente da
música - Asóciase co sol
38Apolo
Mantegna
- Ten un templo de adivinación en Delfos, no que
emite os seus oráculos por medio da Sibila, a súa
sacerdotisa - Delfos está aos pes do monte Parnaso, onde apolo
se reúne coas musas para inspirar aos artistas
39Apolo
Bernini
- A pesares de ser moi fermoso non tivo moito éxito
coas mulleres. - Amou a Dafne, que para fuxir del pediu a seu pai
que a convertise en árbore. Dafne convértese en
loureiro e esta planta pasa a ser un emblema do
deus
- Dos seus amores con Corónide nace Asclepio,
semideus da mediciña.
40Artemisa
Renoir
- O seu emblema é a cerva, o arco e frechas e a lúa
- Nome romano Diana
- É a deusa da caza, irmá xemela de Apolo.
- É virxe
41Afrodita
Cabanel
- Os seus emblemas son a cuncha, a pomba , a mazá.
- nome romano Venus
- É a deusa do amor e da beleza
- Nace dos xenitais cortados de Urano cando caen ao
mar. Noutras versións é filla de Zeus e Dione.
42Afrodita
Velázquez
- A miuúdo represéntase co seu fillo Eros (Cupido,
nome romano)
- Na arte clásica é a única deusa que se representa
espida
43Afrodita
Tintoretto
- Pero ten numerosos amantes, como Ares.
- Está casada co deus máis feo Hefesto
44Afrodita
Waterhouse
- Outro amante é Adonis, a quen compartía con
Perséfone. - Adonis debía pasar 1/3 do ano con cada deusa e o
outro 1/3 con quen quixera, polo que pasaba 2/3
do ano con Afrodita. - Ao estar Adonis asociado coa vexetación, este
mito explica os ciclos naturais a terra produce
cando Adonis está con Afrodita e descansa cando
este baixa aos infernos con Perséfone
45Eros
- Segundo Hesíodo xurde de caos, pero outras
versións fanno fillo de Afrodita e Ares - Nome romano Cupido (Desexo)
- Emblemas as (para voar duns a outros), arco e
frechas coas que fire a homes e deuses - Soe representarse coma un neno espido (é inocente)
- Namorouse da fermosa Psiqué (a mente) e uniuse a
ela coa condición de que non tentase velo na
escuridade da noite.
46Hefesto
Rubens
- Fillo de Zeus e Hera
- Naceu tan feo que a súa nai arrouno á terra e
quedou coxo. - É o ferreiro dos deuses, constrúe o raio de
Zeus,as armas dos heroes e o que lle encarguen - Ten a súa fragua baixo o monte Etna
- O seu emblema é o martelo, tenaces e bigornia.
- Nome romano Vulcano
47Hefesto
Velazquez
heemskerk
- Con tanto traballo non pode vixiar a súa muller.
- Pero Helios (o sol), que todo o ve dille que o
engana con Ares
- Hefesto prepara unha trampa para pillalos in
fragranti. - Os deuses son testigos da infidelidade, pero Zeus
perdoa a Afrodita.
48Ares
Velázquez
Ares Borghese
- Emblema escudo, casco e espada
- Nome romano Marte
- É fillo de Zeus e Hera
- Deus da guerra ( máis sanguinario, fronte a
sabiduría de Atenea) - Máis venerado en Roma que en Grecia
49Ares
- Soe ter amores con afrodita
Boticelli
- Na mitoloxía romana aparece como pai de rómulo e
remo, tras unirse á vestal Rea Silvia - Os romanos, por tanto, descenden del.
Rubens
50Hermes
Hermes roubando gando
- Emblema as nos nocellos, túnica curta, caduceo,
sombreio de aba ancha (pétasos), caduceo - Nome romano Mercurio
- Fillo de Zeus e a ninfa Maia.
- Mensaxeiro dos deuses, deus dos camiñantes,
comercientes e ladróns. - É un deus popular, algo mentireiro, astuto e ata
ladrón
51Hermes
Rubens
- é un deus hábil para a invención e o engano.
- Inventa a lira e a siringa ou frauta de Pan.
- Zeus encárgalle matar a Argos, o xigante dos cen
ollos que vixila á súa amante ío, transformada en
vaca. Por ista fazaña recibe o sobrenome de
Arxifonte
52Dioniso
Velázquez
- Emblema folla de parra, copa de viño, racimo de
uvas, coroa de hedra e pel de leopardo. - Nome romano Baco
- Fillo de Zeus e dunha mortal, Semele. Foi
divinizado por Zeus. - Deus do viño, da traxedia de da desmesura
53Dioniso, nacimento
- A súa nai, Semele, morre embarazada del. Zeus
colleu o feto e engadiu ao seu muslo para
completar a xestación. Dioniso significa naceu
dúas veces. - Na súa infancia, Zeus encargou a Hermes que o
cuidase e protexese dos celos de Hera no monte
Nisa.
54Dioniso e o seu séquito
Sileno, vello borracho montado nun burro
Menades (posesas ) ou bacantes, sacerdotisas de
Dioniso. Van seminúas, axitan tocan tirsos e
danzan
sátiros, seres metade home , metade cabra. Sempre
dispostos á diversión
Tiziano
Tirso, pau con piñas
Carro tirado por guepardos
- Dioniso chega a illa de Naxos e atopa a Ariadna
abandoada por Teseo. Casou con ela e levouna a
Olimpo e tiveron varios fillos.
55Pan
- Fillo de Hermes e Dríope
- Deus agreste, deus dos pastores e rebaños
- É metade home, metade cabra e soe producir un
gran medo (Pánico)
- Emblemas a siringa ou frauta de Pan
- Represéntaselle con sátiros (ou faunos) e ninfas
(divindades da natureza)
56Deméter
- É filla de Cronos e Rea.
- É a deusa da agricultura, das colleitas e
cereais. - Recibe cultos mistéricos en Eleusis, perto de
Atenas.
- Emblema espigas, fouce, amapoula
- Nome romano Ceres
57Deméter
- Únese a Zeus e Ten como filla a Perséfone.
- Perséfone é raptada polo seu tío Hades e levada
aos infernos. - Deméter búscaa desesperadamente e abandona as
súas tarefas, polo que a terra non produce.
58Deméter
- Zeus, que non quere ver morrer aos homes de fame,
envía a Hermes por Perséfone. - Perséfone comera pebidas de granada, polo que xa
non podía saír do Inferno. - Chégase a un acordo Perséfone pasa un terzo do
ano con Hades (no inverno) e dous terzos coa súa
nai Deméter. Neste tempo a terra florece e
maduran as colleitas.
Rosseti
59Hestia
- Aínda que é Filla de Cronos e Rea, aparece como
deusa secundaria - Deusa do Fogar, onde se venera
- Emblema lume, fogar
- Nome Romano Vesta
60Hades
rubens
- Emblema ciprés, narciso, carneiro...
- Represéntase sentado nun trono coa súa muller
Perséfone, ás veces co can Cerbeiro. - Nome romano Plutón (tamén sobrenome en grego,
significa o rico
- Fillo de Cronos e Rea
- Deus dos mortos e dos infernos
- É un deus temido, evítase mencionalo e non se lle
constrúen templos.
61Hades
Rubens
- Para conseguir unha raíña tivo raptar á súa
sobriña Perséfone.
62O reino de Hades
patinier
- Os mortos chegaban ata entrada do Hades ou
Inferno guiados por Hermes. - Tiñan que cruzar a lagoa Estixia, para o que
debían pagar un óbolo ao barqueiro Caronte. - Na entrada estaba o Can Cerbeiro, ao que debían
aplacar cunha torta doce.
63O reino de Hades
Sísifo, condeado a subir eternamente uha rocha
por revelar un segredo de Zeus
Tántalo, condeado a pasar sede e fame eternamente
por roubar ambrosía dos deuses
As danaides, condeadas a enceher a fonte de Hades
con xerras furadas por matar aos seus homes na
noite de vodas
- Cando os mortos chegaban aos infernos eran
xulgados polos deuses infernais Minos, Eaco e
Radamantis. Os benaventurados ían aos Campos
Elíseos, mentres que a maioría ían ao Tártaro - Os que ofenderan de forma especial aos deuses
recibían castigos eternos