Title: Diapositiva 1
1DOMINGO 33º DO TIEMPO ORDINARIO Ciclo B
- Entón verán vir o Fillo do Home sobre as nubes
- con gran poder e maxestade
- e mandará os anxos para reuniren os elixidos
-
Mc
13, 24-27
2Moitos buscan nos horóscopos e adiviños unha
resposta aos seus interrogantes sobre o mañá.
- O futuro fascínanos e inquiétanos á vez,
- porque desexamos telo todo controlado
- ou porque nos axudaría a planificar o presente.
3O discurso escatolóxico de Xesús fala de
futuro. As imaxes que utiliza turbaron a moitas
persoas. Pero esa profecía non achega datos
científicos de ton catastrofista. É un
evanxeo, unha boa noticia. Quere dicirnos
cómo temos que ser e comportarnos no mundo.
4O sol hase escurecer, a lúa deixará de luar
Esas imaxes, tomadas dos antigos profetas, non
dan unha información cósmica. Son un anuncio da
manifestación gloriosa do Señor. Ante El, o
brillo dos astros palidece.
5O texto é unha revelación sobre
Xesucristo. Tres afirmacións teolóxicas
que revelan a misión de Xesús e tamén a
vocación de todos os que o seguen con fe.
6Verán vir o fillo do Home sobre as nubes
As nubes significan o ámbito do divino. En
Xesús cúmprese a profecía de Daniel sobre o home
que chegaba sobre as nubes. Ata os astros son
caducos. O Señor permanece porque a súa
autoridade é celestial.
7 Reunirá os seus elixidos desde os catro ventos
- A El volven os seus ollos
- os que buscan paz e salvación,
- luz e orientación para as súas vidas.
8O ceo e a terra pasarán
- O Señor advírtenos da caducidade
- das cousas.
- A experiencia dinos que todo pasa
- se pasan os astros
- moito máis pasarán as modas,
- as ideoloxías
- os poderes deste mundo.
9As miñas palabras non pasarán
A palabra do Señor é a Palabra eterna de
Deus. En momentos de dúbida e de
turbación, esa palabra ilumina o noso
camiño. Permanece firme e válida polos séculos.
10Señor Xesús, agradecemos o don da túa palabra que
nos salva e nos orienta. Sabemos que recorres
connosco o camiño da historia. E con esperanza
agardamos a túa manifestación. Amén.
11Autor José Román Flecha Libro Palabra do
Señor Editorial. Secr. Trinitario. Salamanca 2007