Xogo do Peón - PowerPoint PPT Presentation

About This Presentation
Title:

Xogo do Peón

Description:

Descripción do xogo do peón ou buxaina. – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:245
Slides: 65
Provided by: JRio
Category: Education
Tags:

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: Xogo do Peón


1
O XOGO DO PEÓN OU BUXAINA
2
Hai un refrán que di
  • POLO SAN MARTIÑO, PEÓNS AO CAMIÑO.

3
(No Transcript)
4
Partes da buxaina
  • 1. Cota, pirucho, caparucho, culata,
  • 2. Capa, capilla.
  • 3. Barriga, pé, panza.
  • 4. Cravo, ferrón, pica.

5
  • O trompo é un xoguete cun corpo de forma cónica
    circular ou oval, cunha punta ou craviño no cal
    xira ou dá voltas. A esta punta chámaselle
    ferrón. O cordel con que se envolve ao trompo
    para o facer bailar chámaselle piola zumbel ou
    látego. Cando lanzamos o trompo e este se pon en
    movemento no chan ou en calquera outra
    superficie, diremos que o trompo baila e cando
    ao tiralo non baila dise que fai pállaras ou
    nobelos.

6
  • Así, chamamos pullazo a calquera golpe que lle
    dá un trompo a outro que se atope bailando nese
    momento porén, recibe o nome de queque ou cachar
    cando, ao tiralo a bailar, dálle co ferrón a
    algún dos trompos que se atopan no chan e déixao
    ferido pique cando se ten bailando na man e se
    bota contra o outro. Ao movemento de translación
    que se lle dá coa man chámaselle recanteo.

7
HISTORIA DA BUXAINA
  • A buxaina ou a súa variante, o trompo, son un
    dos xoguetes máis antigos da humanidade. Segundo
    antropólogos, a buxaina semella que nun principio
    formou parte dun instrumento análogo ao uso
    actual, que se utilizaba para obter lume mediante
    o xogo semirrotativo dun eixo vertical, que
    esfragaba nunha madeira horizontal.
  • Grande parte das civilizacións teñen na buxaina
    un dos primeiros xogos infantís.

8
Exipto
  • En Exipto, as buxainas estaban decoradas con
    vistosas cores. Durante a Iª dinastía, a
    artesanía atinxiu un esplendor que non se
    volvería repetir. Fabricáronse adornos, xoias,
    buxainas, pezas de xogo e recipientes cunha
    enorme variedade de materiais e cun elevadísimo
    nivel técnico e un alto grao de refinamento.
    Existen mostras de buxainas de louza vidrada no
    Museo Británico, datadas no 1250 a.de C.
  • África
  • En África gravábanse a miúdo rañuras para que
    asubiasen ao xirar.

9
América
  • Este xogo estaba moi estendido entre os
    amerindios do Norte e do Sur, antes da chegada
    dos primeiros colonos. De feito semella haber
    constancia de trompos en Perú desde tempos
    prehistóricos.
  • En América do Norte xogábase, sobre todo en
    inverno, no xeo. Os inuits trataban de lles facer
    dar a volta ás cousas coas súas buxainas antes de
    que parasen. Os indios Hopi, despois de as botar
    a rodar, mantiñan a rotación dos trompos cun
    látigo, co cal azoutaban con rápidos movementos a
    punta inferior do trompo.

10
O OBRADOIRO DAS BUXAINAS
11
(No Transcript)
12
(No Transcript)
13
Facendo a punta.
14
As primeiras liñas circulares.
15
(No Transcript)
16
Pulindo a punta.
17
Facendo as liñas circulares.
18
Dándolle cor negra.
19
O peón rematado.
20
TIPOS DE BUXAINAS
21
(No Transcript)
22
Buxainas de dedos
  • Este tipo de buxainas son de pequeno tamaño e
    caracterízanse porque se utilizan os dedos para
    bailalas. Para iso, apáñase o eixo da buxaina
    entre os dedos índice e polgar, apóiase no
    acostumo ou nunha superficie lisa e, cun forte
    impulso, imprímeselle un xiro no sentido das
    agullas do reloxo.

23
(No Transcript)
24
Buxainas de mans
  • Outro tipo de buxainas de maior tamaño son as
    buxainas de mans que, aínda que de deseño
    semellante ás buxainas de dedos, se caracterizan
    porque utilizamos a palma das mans para facelas
    bailar é dicir como se estivésemos quentando as
    mans.

25
Buxaina de látego
  • Son un dos tipos máis antigos de buxainas.
    Existen referencias delas desde tempos gregos e
    son unha constante en moitas obras de arte ao
    longo da historia.  Para xogar con este tipo de
    buxainas necesítanse a propia buxaina e un látego
    para azoutalas .
  • Unha vez feita xirar a buxaina utilízase o látego
    para que, con el e con pericia, se poda prolongar
    o movemento da buxaina por tempo indefinido,
    podéndose mesmo facer carreiras de ata un ou dous
    quilómetros de distancia. Moitas destas carreiras
    facíanse camiño do colexio, onde xogadores
    peritos as facían percorrer ata 15 metros dun só
    lategazo e chegaban a alzalas, ás veces e por
    desgracia, ata os cristais das xanelas.

26
Buxaina con suporte
  • Constan dun mecanismo auxiliar (cordel, corda,
    resorte...) que facilita a transmisión á buxaina
    da forza que provoca o seu movemento.
  • Este mecanismo auxiliar pode ser un cordel xunto
    cun lanzador. Enrodélase a corda sobre o pau da
    buxaina.

27
(No Transcript)
28
Trompo
  • É un xoguete torneado de forma semicircular e
    cunha punta metálica que, ao ser lanzado por
    medio dun cordel, dá voltas sobre o seu propio
    eixo, logrando un movemento cinético de alta
    velocidade. Algúns trompos posúen liñas ben
    definidas ao seu arredor, as cales guían ao
    afeccionado ou aprendiz a enrodelar a corda sobre
    a súa superficie. Quizais é a buxaina máis
    popular de España.

29
Outros tipos de buxainas
  • Neste grupo atopámonos con buxainas especiais,
    froito moitas elas da imaxinación do artesán
    construtor, froito dun desenvolvemento
    tecnolóxico ou simplemente froito dun desexo de
    sorprender.

30
Xiroscopios
  • Outro tipo de buxainas son os xiroscopios.
    Inventado polo científico francés Jean Bernard
    Foucault, o xiroscopio  toma a forma dun disco
    rodeado por aneis, nos que a maior parte da masa
    do xiroscopio debería estar tan lonxe do centro
    como fose posíbel. Cando o xiroscopio non xira,
    compórtase como calquera outro obxecto porén,
    cando se lle fai xirar sobre o seu eixo a grande
    velocidade, prodúcense feitos gravitatorios.

31
O levitron
  • Esta buxaina, como o seu nome indica, xira
    aboiando no aire, sosténdose sen apoio en
    ningunha superficie grazas a un equilibrio de
    forza de atracción-rexeitamento do potente imán
    que posúe, xunto ás propias forzas centrífuga e
    centrípeta da propia buxaina. Este equilibrio de
    forzas fai que a buxaina se poida manter xirando
    no aire por espazo de varios minutos.

32
Buxainas musicais
  • Tamén existen buxainas musicais (estas, ao
    xiraren, tocan unha melodía), buxainas que, para
    as facer xirar, é necesario soprar sobre un
    orificio interior.

33
Buxainas asubiadoras
  • Ó daren voltas, o aire sae polo burato e produce
    un asubío.

34
Buxainas comestibles
  • Xeado da compañía Camy, que representa unha
    buxaina. Consta dun mecanismo de tracción que, ao
    activalo, fai xirar o xeado e así, coa lingua,
    ímolo saboreando.

35
Zooloxía e buxainas
  • Na natureza existen uns pequenos caracois que son
    coñecidos vulgarmente co nome de buxainas e
    trompos. Son as outras "buxainas", esas
    "buxainas" que moitas veces descoñecemos e que os
    nosos mares nos ofrecen para deleite dos nosos
    ollos. Velaquí algúns exemplos deestas buxainas.

36
Animais
37
Bolboretas
38
Cerámica chinesa
39
Cerámica de Israel
40
Creta
41
Grecia e México
42
Xapón
43
Nicaragua
44
Praga
45
Israel
46
México
47
Peóns de vidro
48
(No Transcript)
49
Magnéticas e xiroscopios
50
Discos láser
51
Hexagonais
52
Formigas
53
Laminada
54
Programable
55
(No Transcript)
56
Tipos de xogos
57
A duración
  • Todos lanzan.
  • Gaña o peón que dure máis tempo bailando.

58
A collela.
  • Bailar o peón por orde e pillalo na man. Se non
    baila ou cae da man, eliminado/a.

59
A carreira co peón
  • Por parellas.
  • Un/unha lánzao, outro/a corre con el bailándoo
    sobre a cunca da man.

60
O dobre círculo
  •   Trázanse dous círculos concéntricos. Os/as
    xogadores/as han de tentar poñer a buxaina dentro
    do círculo interior. Se non o conseguen, porque a
    buxaina sae bailando, os/as outros/as
    xogadores/as han de facer entrar petando coas
    súas.

61
Á cruz

Trázase unha cruz no chan. A graza do xogo
consiste en facer bailar a buxaina o máis preto
posible do vértice que se poida. O peón que foi
máis lonxe perde.
62
Trompa contra trompa
  • Botar fóra do círculo o trompo do/a compañeiro/a.

63
Turbo
  • Bailar o peón no círculo. Anótanse os puntos onde
    parou cada buxaina.
  • A zona máis grande, 1 punto a máis pequena 10
    puntos.

64
Xa sabedes
  • todos a xogar
  • coas buxainas.
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com