Diapositiva 1 - PowerPoint PPT Presentation

1 / 36
About This Presentation
Title:

Diapositiva 1

Description:

Artigo publicado en Vieiros o 31 de xullo de 2002 e que recolle as principais ... Unha vez que recollimos todos os datos, que conclusi ns podemos tirar deles? ... – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:60
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 37
Provided by: correl
Category:

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: Diapositiva 1


1
O idioma é a chave
UNIDADE DIDÁCTICA DO CORRELINGUA ENSINO
SECUNDARIO
2
Falamos galego
  • O idioma é a chave
  • coa que abrimos o mundo.
  • Por que, ao falar do noso idioma, Manuel María
    empregou esta metáfora?

3
  • Os mozos e as mozas falan o galego?
  • Artigo publicado en Vieiros o 31 de xullo de 2002
    e que recolle as principais conclusións do
    proxecto Galbreus, financiado pola Dirección
    Xeral de Educación e Cultura da Comisión Europea,
    que estuda o nivel de uso de galego, bretón e
    vasco entre os escolares.
  • O lingüista Xosé Ramón Freixeiro Mato,
    responsable para Galicia do proxecto, concluíu
    que o galego podería desaparecer como lingua viva
    ao redor de 2030 porque os datos recollidos no
    informe dan lugar á conclusión de que os mozos e
    as mozas non falan galego.
  • Nos últimos dez anos un 6,6 por cento dos mozos
    deixaron de falar o galego
  • Na actualidade só o 19,2 dos rapaces e rapazas
    do ESO empregan habitualmente o galego (fronte ao
    72 do castelán).
  • Só un 10,1 son monolingües en galego
  • Só un 8,8 de rapaces desenvolven por igual nos
    dous idiomas

4
  • O proxecto Galbreus tamén revela as máis
    preocupantes porcentaxes de emprego do galego no
    sistema escolar recollidas até agora
  • un 19 só recibe en galego a clase de galego
  • o 49 menos de 6 horas de clase e o 65 menos
    de 12 horas. O estudo tamén examina o ámbito
    familiar, onde se comproba que
  • hai un evidente maior uso do galego cos avós e o
    menor con pais ou irmáns,
  • determinados espacios de relación social están
    totalmente castelanizados cibers, discotecas,
    tendas...

5
Por que nos preocupa a situación do
idioma? Estes son os datos
  • Segundo estes datos o número de persoas que nunca
    falan en galego duplicouse en 10 anos, entre o
    1991 e 2001, persoas que hoxe teñen entre 46 e 22
    anos e que son, maioritariamente, persoas que
    tiveron unha parte do seu ensino en galego.

6
Os mesmos datos, analizados doutro xeito, sen
facer distinción de idade dinos que
  • Que conclusións tirades deste cadro?

7
  • E vós que pensades?
  • En que lingua falades habitualmente na casa?
  • En que lingua falades no instituto?
  • En que lingua falades cos amigos?
  • E coas amigas?
  • Por que facedes diferencias?
  • Con quen falades en galego?
  • Por que con esas persoas si e con outras non?

8
  • Miremos ao redor
  • Cantos rapaces e rapazas da aula falan galego?
    Calculade a porcentaxe e completade o cadro

Atopades diferencias? Como as analizades?
9
  • E vós que pensades?
  • Á vista dos datos anteriores, cal é a vosa
    opinión?
  • Na vosa aula fálase máis en galego ca noutras
    aulas do centro?
  • En que aulas se fala máis en galego, entre o
    alumnado de menor idade ou entre o de maior
    idade? Por que?
  • Pensas que cando saiades do insitituto seguiredes
    falando na mesma lingua que agora? Por que?
  • Credes que isto lle afecta ao futuro da lingua?
  • Cantos anos tedes en 2030?
  • Pensades que como se dicía nese artigo de 2002,
    nese ano o galego pode desaparecer como lingua
    viva?
  • E se sucedese...?

10
  • Imaxinade por un momento que ...
  • Que un accidente xeográfico tan importante como
    as rías desaparecese.
  • As nosas rías están sometidas a constantes
    agresións, sendo unha das máis importantes os
    recheos que modifican a súa extensión, pois
    reducen espazo ao mar e modifican as súas
    correntes, o que acaba repercutindo no
    desprazamento dos fondos areosos e na
    desaparición de determinadas especies mariñas.
    Por outro lado, a colmatación das áreas
    interiores das rías, debido ao exceso de lama e
    terra arrastradas polos ríos, ou ao efecto da
    vexetación, vai reducindo a súa profundidade e é
    outro elemento de destrución deste hábitat. A
    suma destes feitos e outras cuestións podería, ao
    longo de milleiros de anos, facer desaparecer
    este elemento xeográfico tan característico e
    xerador de riqueza.
  • Pensas que Galicia sería o mesmo se desaparecesen
    as súas rías? Farías algo para deter esta
    transformación?
  • Pois coa nosa lingua sería algo semellante, non?

11
Porque é a nosa lingua, a que di quen somos, a
que nos sitúa no mundo.
12
  • Daquela... Será bo que pensemos en facer algo ...
    Para que cada día o galego estea máis vivo entre
    todos e todas.
  • Desde o Correlingua propoñémosche reflexionar
    sobre a situación do idioma e expresar a túa
    opinión, non só na escola e entre os teus amigos
    e amigas, tamén na rúa, aos teus veciños e
    veciñas, a través dun acto lúdico e festivo, para
    reclamar o teu dereito a vivir e medrar en galego

13
Comezamos cada edición convocando o concurso de
manifesto e banda deseñada. Os traballos
gañadores serán publicados na revista do
Correlingua
Gañadores da Banda deseñada na edición de 2008
Gañadores do manifesto na edición de 2008
14
(No Transcript)
15
  • Elaboración do manifesto.
  • A partir do Lema que atoparedes na páxina web,
    tedes que elaborar un manifesto, podedes usar
    como orientación os manifestos doutros anos.
    Descargádeos, lédeos e respondede ás seguintes
    preguntas
  • Que teñen en común os manifestos?
  • Estamos de acordo co que din? Por que?
  • Que pretenden facer os manifesto?
  • Que fariamos para convencer aos demais de que
    falen a súa lingua?
  • Como llelo podemos transmitir a través do
    manifesto?
  • Podemos debater entre nós o resultado destas
    preguntas, tirarmos conclusións e, a partir de
    aí, organizármonos para elaborar o manifesto.
  • Como participar?
  • Lede con atención as bases, e escollede un
    representante que vos inscriba no concurso.

16
(No Transcript)
17
O alumnado gañador dos concursos reciben como
premio unha estancia no Albergue de Gandarío
dunha fin de semana para o alumando de Primaria,
e de cinco días para o alumnado de Secundaria,
estancias nas que estarán acompañados/as de
monitores/as cos que realizarán diversas
actividades sociolinguísticas.
Os traballos premiados publícanse na revista do
correlingua, onde estamos desexando recoller
outros artigos que queirades enviarnos sobre o
noso idioma, ou mesmo as vosas creacións
literarias... A revista é vosa, usádea! Ah! No
número 1 trae o xogo da oca do correlingua
18
Logo, coa axuda dos vosos profes, preparamos un
itinerario para saírmos á rúa para reivindicar o
nosos dereito a vivir en galego. Non ten que ser
un itinerario moi longo, nin hai que competir...
Trátase de facer visíbel o noso idioma.
19
Organizaremos un acto final, unha festa, para
sermos exactos...
E nela lerase o manifesto gañador
20
E esta carreira e esta festa celébranse en todo o
país, durante dez días imos pasando o testemuño
dun lugar a outro, ás veces estamos de festa en
dous lugares ao mesmo tempo.
A Mariña
Ferrolterra
A Coruña
Lugo
Santiago de Compostela
Ribeira Sacra
A Barbanza
O Salnés
Pontevedra
Ourense
Baixo Miño e o Condado
Vigo
Monterrei
21
  • O Corelingua é máis divertido se imos todos e
    todas de festa. Que podemos facer para que a
    festa sexa máis grande?
  • Pancartas. Escollede un lema e un deseño entre
    todas as propostas que vaian saíndo. Só
    precisades dunha tea, pintura e uns paus. Tedes
    que ter moi claro que queredes facer antes de
    traballar directamente sobre a tea.
  • Disfraces. Como son moi poucos os que poden
    coller a pancarta, podédesvos disfrazar.
    Escollede un tema co que poidades convencer ao
    resto dos vosos compañeiros de que utilicen o
    galego, facede o deseño dos disfraces e ao
    Correlingua!
  • Cancións e berros Ademais do anterior podedes
    inventar cancións e berros que animen o percurso
    do correlingua, se non se vos ocorre nada podedes
    acudirá páxina web.

22
  • E temos unha páxina web www.correlingua.org
  • Nela atoparás

Calendario onde atoparás as datas de celebración
do Correlingua en cada comarca, ademais do
programa de actividades.
Manifesto aquí están os manifestos gañadoresde
todas as edicións.
A Polo Ghit do Correlingua ao Correlingua imos
de festa e ti podes escoller o grupo que máis che
guste... Anímate e vota.
Banda deseñada e aquí as bandas deseñadas
gañadoras.
Himno unha canción Bravú dos Diplomáticos de
Montealto que é o himno oficial do Correlingua.
Descarga a música e a letra.
Taboleiro nel podes deixar a túa pegada.
Escríbenos e colgaremos a túa mensaxe.
Ferramentas xogos e actividades para pasar o
tempo e aprender.
Bases as dos concursos está toda a información
para participares nos concursos.
23
Comprobamos Imos comprobar a vitalidade da nosa
lingua. Podemos formar grupos. O grupo A pode
pescudar a presenza do noso idioma nos medios de
comunicación
24
Comprobamos O grupo B pescuda a presenza do noso
idioma no comercio
25
Comprobamos O grupo C pescuda a presenza do noso
idioma nos ámbitos de ocio
26
Concluímos Unha vez que recollimos todos os
datos, que conclusións podemos tirar deles? Cal
é a presenza da nosa lingua ao noso redor?
27
En clave de humor
O bilingüismo harmónico visto por Tokio
O galego na xustiza, segundo o Carrabouxo
28
  • Propoñemos
  • Á vista dos datos que manexastes, a nosa lingua
    está presente ao noso redor?
  • Si. Pensas que é así en todas partes?
  • Non. Que podemos facer para mellorar a súa
    presenza?

29
Datos efectivos Vitalidade da nosa lingua nas
distintas comarcas
30
Lemos e comentamos Mamá, un gallego! Cando o
meu amigo Euxenio me contou o que lle pasara
había uns meses, a verdade é que me deu a risa.
Entrou el nunha tenda de electrodomésticos das
Travesas e estaba a falar cun dependente cando un
neno que ía coa nai sinalouno co dedo e exclamou
"mira mamá, un gallego!" Xa me tiña esquecido
da anécdota, se non fose porque o outro día
estaba eu coa miña filla no parque infantil da
Miñoca e un neno de cinco anos, co que acababa de
intercambiar algunhas palabras, me fitou dende o
alto do tobogán. Cando me tivo ben observado
preguntou "oye, tu eres gallego?", eu, algo
sorprendido, resposteille "eu si, e ti?", el,
moi seguro de si e seguindo a miña mirada
perplexa, foi remarcando "pues yo soy español...
español... de España, sabes?". Artigo de Xoán
Comesaña Pedreira
31
Noticia publicada en Atlántico Diario o 3 de
setembro de 2008. El Club Financiero de Vigo
advierte del riesgo empresarial de imponer el
idioma gallego Los empresarios dicen tener
dificultades para retener o contratar técnicos de
otras regiones y países ... El estudio elaborado
por el Club Financiero hace hincapié en los
riesgos empresariales del endurecimiento en la
exigencia del gallego en la enseñanza, sin
prácticamente posibilidad de opción de aprender
en español. Así, el informe asegura que muchas
empresas se están enfrentando a la dificultad de
retener o contratar personal cualificado
procedente de otras regiones españolas o de otros
países, cuya edad se sitúe en la franja de 30 a
50 años y que tengan hijos en edad escolar. De
igual forma, se recoge que se están dando casos
de profesionales que abandonan Galicia ante la
tesitura de tener que formar a sus hijos en una
lengua que no es la suya y debido a la
imposibilidad de hacerlo en español ...
32
  • E vós que pensades?
  • Pensades que é certo que non hai practicametne
    posibilidade de estudar en español?
  • Dáse ese caso de persoas que abandonan o noso
    país porque non poden educar aos seus fillos en
    español?
  • Ou o caso de persoas que abandonan Galicia porque
    os seus fillos teñen que aprender galego?
  • Que pensades destas afirmacións recollidas nese
    informe?

33
  • Datos tirados do último censo elaborado en 2001
  • Un 72,15 dos nenos e nenas aos que os seus pais
    lles falan en galego, ou máis en galego ca
    castelán, cambiaron a súa lingua para o castelán.
  • Do alumnado entre 5 e 16 anos só un 38,60 falan
    galego ou máis galego ca castelán cos seus
    compañeiros de clase. Do alumnado de máis de 17
    anos faino o 29,93 .
  • Entre os 5 e os 16 anos falan galego ou máis
    galego ca castelán co seu profesorado o 40,84 e
    ao pasar de 17 anos soamente o fai o 26,92.
  • As persoas de entre 5 e 29 anos só falan galego
    coas súas amizades o 28,98, e fala máis galego
    ca castelán o 13,54.

34
  • O informe do Comité de Expertos de Europa sobre o
    cumprimento da Carta europea das Linguas, recolle
    os seguintes puntos
  • A situación na Educación Infantil é
    insatisfactoria, O número de nenos de educación
    preescolar cubertos por este sistema educativo
    segue sendo moi baixo (31)
  • Que se modifique o marco xurídico e que se tomen
    medidas para incrementar o uso do noso idioma no
    ámbito da xustiza. Neste caso sinalan que unha
    deficiente formación universitaria na nosa lingua
    entre os estudantes de dereito é negativa para
    que haxa un maior uso do noso idioma no ámbito da
    xustiza.
  • O Comité de Expertos entende tamén que segue sen
    cumprirse a carta europea das linguas na
    administración e empraza a que se incremente o
    número de formularios e textos administrativos na
    nosa lingua.

35
  • Manter vivo o noso idioma, especialmente entre as
    xeracións máis novas, debe ser un dos traballos
    que, todas e todos, asumamos de cara ao futuro,
    seguindo a tradición do traballo colectivo.
  • O correlingua quere ser unha ferramenta para ese
    traballo.

36
Para escoitar e ... Bailar!
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com