Diapositiva 1 - PowerPoint PPT Presentation

1 / 45
About This Presentation
Title:

Diapositiva 1

Description:

Santa Xoana de Lestonnac deixou establecido que se celebrase esta festa en todos ... de que ser libre e independente , moitas veces, ir en contra do que est de moda? ... – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:69
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 46
Provided by: agus2
Category:
Tags: de | diapositiva | moda

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: Diapositiva 1


1
Nena María 06
Nena María
Por unha educación humanista e cristiá nun mundo
plural
Orixe da festa
2
Nena María 06
Orixe da festa
Xoana de Lestonnac, Fundadora da Compañía de
María hai 400 anos, sentiu a inspiración de
presentar as súas alumnas a Deus, e poñelas baixo
a protección da Virxe. Escolleu a data do 21
de novembro para celebrar a PRESENTACIÓN DA VIRXE.
3
Nena María 06
Orixe da festa
4
Nena María 06
Orixe da festa
No ano 1610,o día 21 de novembro, celébrase por
primeira vez na Compañía de María (Colexio de
Burdeos) a festa da Nena María. Santa Xoana de
Lestonnac deixou establecido que se celebrase
esta festa en todos os colexios e obras da
Compañía de María, e desde entón hai case 400
anos , celebrámola.
5
Nena María 06
Orixe da festa
6
Nena María 06
Sementes
Escoita atentamente esta historia
7
Nena María 06
Un home traballaba nunha fábrica a cincuenta
minutos de autobús da súa casa
8
Nena María 06
Na seguinte parada entraba unha anciá que sempre
sentaba xunto á ventá
Ela abría a bolsa, quitaba un saquiño e pasaba
toda a viaxe botando algo pola ventá
9
Nena María 06q
A escea repetíase sempre, e un día, curioso, o
home preguntoulle que botaba pola ventá
- Tiro sementes, respondeu ela.
-Sementes? Sementes de que?
  • De flores. É que miro pola ventá e a rúa está tan
    baleira...

Gustaríame poder viaxar vendo flores cheas de
cores polo camiño Imaxine que bonito sería!
10
Nena María 06
  • Pero as sementes caen sobre o asfalto, pasan por
    riba delas as rodas dos coches, cómenas os
    paxaros...
  • Cre vostede señora que as sementes brotarán na
    beira da rúa?

- Creo que si fillo. Aínda que moitas delas se
perdan, algunhas caerán na terra e co tempo han
brotar...
11
Nena María 06
-Aínda así... Tardarán en medrar... Necesitan
auga...
  • Ah, eu fago a miña parte. Sempre hai días de
    chuvia. Se alguén bota as sementes, acaban
    nacendo as flores...

12
Nena María 06
Dicindo isto, deu volta cara á ventá e continuou
co seu traballo
O home baixou do autobús un pouco máis adiante,
pensando que a muller xa non rexía ben.
13
Nena María 06
Un tempo despois...
Un día, no mesmo autobús, o home ó mirar pola
ventá decatouse de que había flores na beira do
camiño ... Moitas flores... Que paisaxe tan chea
de cor e beleza!
14
Nena María 06
Lembrouse entón daquela anciá. Buscouna en van.
Preguntoulle ó condutor que coñecía a tódolos
pasaxeiros que facían esa viaxe.
  • A velliña das sementes??
  • ... Morreu hai case un mes

15
Nena María 06
o home volveu ó seu asento e continuou mirando a
paisaxe florida pola ventá
Quén o diría, brotaron as flores! Pero de que
lle valeu o seu traballo? Morreu e non puido ver
toda esta beleza
16
Nena María 06
Nese momento, escoitou as risas dun neno. No
asento de enfronte, unha rapaciña miraba pola
ventá entusiasmada
- Mira que fermoso! Cantas flores pola rúa...!
Como se chaman aquelas...?
17
Nena María 06
Entón, entendeu o que anciá lle dixera
Aínda que non estaba aí para velo, fixo a súa
parte, deixou a súa pegada , a beleza para ser
contemplada con felicidade polos outros
18
Nena María 06
Ó día seguinte, o home subiu ó autobús, sentou
xunto á ventá, quitou un saquiño de sementes do
peto e... Así deu continuidade á VIDA, sementando
con entusiasmo e ledicia as súas sementes...
19
Nena María 06
O futuro depende das nosas accións presentes E
se sementamos boas sementes, os froitos serán
igualmente bos
20
Nena María 06
Sementemos as nosas sementes agora!
21
Nena María 06
Pensa en silencio durante 2 minutos na mensaxe
desta historia
22
Nena María 06
4 ou centos
A muller desta historia percibía a través da
ventá do autobús que a rúa estaba baleira ou o
que é o mesmo, triste e sen vida. PRIMEIRA
MENSAXE DA HISTORIA APRENDE A VER É importante
que aprendamos a mirar ó noso arredor e descubrir
o que está a suceder. Non podemos pasar pola
vida sen mirar, sen descubrir o que hai máis alá
da simple aparencia.
23
Nena María 06
4 ou centos
A muller analizou o que estaba a ver e sacou as
súas propias conclusións SEGUNDA MENSAXE DA
HISTORIA PENSA SOBRE O QUE VES Sen ver non
podemos coñecer e, unha vez que coñecemos o que
sucede ó noso arredor, non podemos deixar de
pensar e analizar que pasa e cales son as causas
do que sucede.
24
Nena María 06
4 ou centos
A muller do autobús ve, pensa e decide actuar
lanzando sementes pola ventá TERCEIRA MENSAXE
DA HISTORIA SOÑAR CON ALGO MELLOR É ACTUAR Se
vemos e pensamos no que pasa debemos aprender a
soñar que as cousas poden cambiar e para iso o
máis importante é actuar. Soñar é a capacidade de
ver máis alá do que ven os nosos ollos.
25
Nena María 06
4 ou centos
A muller, a pesar de soñar coas flores, atopábase
con dificultades coma o asfalto que complicaban o
seu desexo dunha paisaxe chea de flores, pero as
dificultades non a detiveron no que ela cría que
tiña que facer. CUARTA MENSAXE DA HISTORIA AS
DIFICULTADES SON PARTE DO CAMIÑO Son moitas as
dificultades que nos atopamos na vida cando
queremos loitar para que as cousas sexan
mellores, pero iso non pode paralizarnos, ten que
axudarnos a ser máis perseverantes e constantes.
26
Nena María 06
4 ou centos
Exemplo práctico de sementadores de sementes que
axudan a mellorar o mundo PERSONAXE Muhammad
Yunus (Premio Nobel da Paz 2006) A SÚA
SEMENTE Fundar o banco de microcréditos Grameen
Bank O economista Muhammad Yunus creou no 1976 o
Banco dos Pobres, unha institución sen ánimo de
lucro que salvou da miseria a centos de miles dos
seus compatriotas
27
Nena María 06
4 ou centos
Muhammad Yunus Se comparamos a este economista
coa historia da muller das sementes,
descubriremos que fixeron o mesmo PRIMEIRA
MENSAXE DA HISTORIA APRENDE A VER A muller vía
que todo estaba triste e baleiro. Muhammad Yunus
descubriu en Bangladesh miseria, fame, unha
organización social inxusta, unha sociedade na
que só contan os que teñen ...
28
Nena María 06
4 ou centos
SEGUNDA MENSAXE DA HISTORIA PENSA SOBRE O QUE
VES Á muller das sementes non lle gustaba o que
vía Muhammad Yunus tomou conciencia de que só se
pode saír da pobreza superando as leis do
mercado, proporcionando microcréditos, créditos
solidarios sen garantía, ós máis necesitados para
que poidan realizar unha actividade independente
e creativa.
29
Nena María 06
4 ou centos
TERCEIRA MENSAXE DA HISTORIA SOÑAR CON ALGO
MELLOR É ACTUAR A muller das sementes decidiu
lanzar sementes para conseguir flores que
alegraran a paisaxe. Muhammad Yunus en 1976,
conseguiu fundar o Banco Grameen (banco rural),
que no 1983 obtivo a calidade de banco autónomo.
30
Nena María 06
4 ou centos
CUARTA MENSAXE DA HISTORIA AS DIFICULTADES SON
PARTE DO CAMIÑO A muller das sementes atopou as
dificultades do asfalto Muhammad Yunus sufriu
unha enorme resistencia das entidades bancarias
de Bangladesh Este "banco de pobres" leva
beneficiado a tres millóns e medio de persoas,
propietarias elas mesmas do banco, na súa
meirande parte mulleres que, reunidas en grupos
de cinco ou máis, solidarias e responsables,
conseguen reembolsar 9 de cada 10 dos seus
pequenos préstamos en contra do esperado.
31
Nena María 06
Banco dos Pobres
Traballos creados cos microcréditos do Banco dos
Pobres
32
Nena María 06
Banco dos Pobres
33
Nena María 06
Banco dos Pobres
34
Nena María 06
Banco dos Pobres
35
Nena María 06
Banco dos Pobres
36
Nena María 06
4 ou centos
Cando unha muller consegue rendementos pola súa
actividade, os que se benefician en primeiro
lugar son os seus propios fillos Muhammad Yunus
Muhammad Yunus potencia o labor das mulleres na
loita por cambiar o mundo. Hai 400 anos outra
muller, Xoana de Lestonnac, soubo soñar cun mundo
mellor e achegou a súa semente fundando a
Compañía de María para intentar mellorar a
situación das mulleres e polo tanto da sociedade.
Xoana tomou como modelo para actuar, a María
que se nos presenta no Evanxeo como sementadora
de sementes e que tamén debe ser un modelo para
todos nós.
37
Nena María 06
4 ou centos
e a miña semente???
Descúbrea....
38
Nena María 06
4 ou centos
Agora é o momento de fixarnos en que mensaxes nos
ensinou a historia da muller que lanzaba sementes
e seguir os seus pasos PRIMEIRA MENSAXE DA
HISTORIA APRENDE A VER Que vexo ó meu
arredor? Como sinto o ambiente no que vivo? Onde
me sitúo ante o que sucede?
39
Niña María 06
4 o cientos
SEGUNDA MENSAXE DA HISTORIA PENSA SOBRE O QUE
VES Que cambiarías ó teu arredor? Que
mellorarías? Por que o cambiarías?
40
Nena María 06
4 ou centos
TERCEIRA MENSAXE DA HISTORIA SOÑAR CON ALGO
MELLOR E ACTUAR Con que soñarías ó teu
arredor? Como imaxinarías as cousas? Que
aportarías ti para mellorar as cousas?
41
Nena María 06
4 ou centos
CUARTA MENSAXE DA HISTORIA AS DIFICULTADES SON
PARTE DO CAMIÑO Estás disposto a defender aquilo
no que cres? Es consciente de que terás
dificultades? Es consciente de que ser libre e
independente é, moitas veces, ir en contra do que
está de moda?
42
Nena María 06
4 ou centos
Unha vez que penses en todo isto, debuxa unha
semente e escribe nela que semente podes ser no
teu ambiente de agora. Lembra que as sementes
poden dar plantas e flores moi diferentes. Poremos
todas as nosas sementes debuxadas nun testo para
presentar na Eucaristía da Nena María A nosa
semente, aínda que pequena, ten moito valor. Pero
se as xuntamos todos, lograremos moitas máis
cousas. Se en lugar de ser 4 os que buscamos un
mundo mellor somos centos, as cousas cambiarán
máis axiña.
43
Nena María 06
4 ou centos
Compañía de María 400 anos Proxecto Mobokoli
44
Proxecto Mobokoli
Nena María 06
A Compañía de María 400 anos despois, quere
seguir sementando sementes para axudar ós máis
necesitados e intentar crear un mundo máis xusto
e humano. Por iso este curso será especial para
tódolos que formamos esta familia. Dedicarémolo a
coñecer máis cousas sobre África e, en concreto,
sobre o Proxecto Mobokoli que pretende crear unha
plataforma educativa. Podemos colaborar 4 ou
centos e, desde logo, se todos poñemos a nosa
semente neste proxecto lograremos que axiña se
faga realidade.
45
Nena María 06
4 ou centos
Equipo de Pastoral Colexio Compañía de
María Cangas do Morrazo
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com