Title: Diapositiva 1
1DINÁMICAS DA AGRICULTURA ECOLÓXICA EN GALICIA
4 Actividades Industriais en Agricultura
Ecolóxica Grupo de Investigación Agricultura
Ecolóxica e Agroecoloxía
Actividades industriais relacionadas coa
produción vexetal Este tipo de actividades
duplicouse no período 2001-2007, aínda que dende
o ano 2005 o número total de industrias permanece
constante. As actividades que destacan son as de
panificación e pastas alimenticias cun total de 8
industrias no 2007, envasado e manipulado de
produtos hortícolas con 7, seguidas de adegas e
embotelladoras de viños e cavas e a manipulación
e envasado de froitos secos que teñen 5
industrias cada unha..
Resulta significativo a variedade e
heteroxeneidade de elementos que forman parte das
actividades industriais relacionadas coa
produccion vexetal.
Fonte MAPA
Fonte MAPA
Fonte MAPA
Actividades Industriais relacionadas coa
produción animal As industrias relacionadas coa
produción animal tiveron un crecemento moi
importante nestes anos, pasando de 8 no 2001 ate
as 28 que existían no 2007. Ó contrario do
que sucede coas actividades industriais
relacionadas coa produción vexetal, o número de
industrias continúa a aumentar e, polo de agora
non se albisca un estancamento.
Fonte MAPA
Dentro das actividades industriais relacionadas
coa produción animal sobresaen especialmente as
industrias relativas a matadoiros e sas de
despezamento, que quintuplican o seu número no
período analizado. O leite, queixos e derivados
lácteos conta no 2007 con 8 industrias o que
denota a súa importancia. Outra actividade
industrial a destacar é a relacionada coa mel, xa
que a primeira industria aparece no ano 2003,
pasando a ter un total de 5 no 2007. Por último
temos actividades relacionadas cos ovos, que
mesmo chegaron a descender de número e aparecen
con forza no 2006 actividades relativas a fábrica
de pensos.
Fonte MAPA
Fonte MAPA
Fonte MAPA