O A-Z DO CAMBIO CLIM - PowerPoint PPT Presentation

About This Presentation
Title:

O A-Z DO CAMBIO CLIM

Description:

A ONU certifica que o cambio clim tico acelerado, durar s culos e foi causado ... tratan de buscar alternativas, subvencionando as inversi ns noutras fontes de ... – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:39
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 29
Provided by: Enca1
Category:

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: O A-Z DO CAMBIO CLIM


1
O A-Z DO CAMBIO CLIMÁTICO
2
ANTROPOXÉNICO
  • A ONU certifica que o cambio climático é
    acelerado, durará séculos e foi causado na maior
    parte pola acción humana.
  • O IPCC conclúe que esta alteración climática
    global está causada pola emisión de importantes
    cantidades de gases de Efecto Invernadoiro que
    aumentaron un 70 entre 1970 e 2004 e continuarán
    a súa progresión alomenos as vindeiras 3 décadas.
  • As consecuencias serán máis intensas que as
    observadas no século XX , a temperatura media
    aumentará 0,2ºC por decenio nos próximos 20 anos
    e serán máis frecuentes os fenómenos
    meteorolóxicos extremos.

3
BALI
  • Illa indonesia situada no Pacífico na que se
    celebrou a conferencia da ONU sobre o cambio
    climático do 10 ó 17 de Decembro 2007, e na que
    se iniciaron as negociacións para un novo tratado
    que substituirá ó de Kioto no 2012.
  • É urxente unha acción internacional fronte ó
    quecemento do planeta, e atopar o consenso entre
    máis países ca os que asinaron en Kioto, e cos
    E.E.U.U.
  • Os países industrializados e os menos
    desenvolvidos reducirán as súas emisións de CO2
    nun 30 para frear o quecemento global a só 2ºC.
  • Xestionáronse uns Fondos de Adaptación ao Cambio
    Climático que permitirán financiar proxectos
    enerxéticos limpos nos países en desenvolvemento,
    a cambio de Dereitos de Emisións.

4
BIODIVERSIDADE
  • É o conxunto das distintas especies de seres
    vivos que hai na terra.
  • Cada unha delas está perfectamente adaptada a un
    hábitat determinado.
  • O Cambio Climático cambiará estes hábitats e
    afectará ás especies.
  • As especies de vida curta adaptaranse mellor ás
    novas condicións climáticas que as de vida longa
    pola súa alta taxa de renovación. As especies
    máis raras ou endémicas quedarán máis seriamente
    afectadas, polo que a biodiversidade pode quedar
    empobrecida.
  • As aves migratorias que se desprazan no inverno
    cara latitudes máis baixas están atrasando o seu
    desprazamento e mesmo non se desprazan como está
    a acontecer coas poboacións de cegoñas e
    andoriñas.
  • O oso nas montañas do Courel, xa non hiberna.

5
CAMBIO CLIMÁTICO
  • O clima dunha rexión ven determinado pola
    sucesión de fenómenos atmosféricos que son máis
    frecuentes.
  • Os factores que alteran a composición da
    atmosfera poden modificalo.
  • A temperatura media da atmosfera terrestre a
    nivel superficial viña sendo arredor duns 15º C e
    actualmente é duns 15,6º C observándose este
    incremento desde o comezo da era industrial ata
    os nosos días, o cal constitúe o cambio máis
    rápido observado nos últimos 1000 anos.
  • En Galicia, a temperatura aumenta a un ritmo de
    0,5º C cada década nos últimos trinta anos, o
    período de risco de xeadas recortouse en dous
    meses entre 1970 e 2005, empeza máis tarde e
    remata antes, e o nivel do mar aumentou en 10 cm
    nos últimos 50 anos.

6
DESXEO DOS POLOS
  • Nos últimos anos o desxeo estacionario dos
    casquetes polares empezou moito antes do normal.
  • A temperatura na superficie do xeo aumentou en
    3,9ºC desde 1991, case 4 veces máis rápido que a
    media do resto do planeta.
  • Groenlandia perdeu este ano, o dobre de xeo que
    teñen os Alpes. O xeo reduciuse a un ritmo sen
    precedentes desde que se iniciaron as medicións
    por satélite no ano 1979.
  • O desxeo de Groenlandia e a Antartida é máis
    preocupante que o do Ártico. Si se derretese
    todo, produciríase un incremento de 6,4m do nivel
    do mar.
  • A auga incorporada á oceánica provocou un aumento
    de medio milímetro do nivel do mar en todo o
    planeta.

7
DESERTIFICACIÓN
  • Coñécese como tal, o aumento da superficie
    desértica debida ás accións do home sobre a
    natureza.
  • Para determinar este risco se teñen en conta
    factores como a erosión, os incendios e a
    sobreexplotación dos acuíferos.
  • España é o terceiro país máis árido de Europa con
    unha 3ª parte do territorio afectado.
  • Os dous compoñentes máis salientables son a
    erosión e a salinización do solo.
  • Galiza é unha das tres comunidades onde non hai
    risco (Asturias, Cantabria e Galiza).
  • Castela a Mancha, Andalucía e Murcia son as
    comunidades con máis risco de desertificación,
    entre as tres suman un 64 da superficie total de
    España.

8
EMISIÓNS
  • A Comisión Europea fixou o reparto de emisións de
    CO2 para 2012, segundo o PIB por habitante. Así
    os países ricos estarán obrigados a facer
    reduccións importantes mentres que os menos
    desenvolvidos, poderán incluso aumentar as súas
    emisións.
  • A partir de 2013 as empresas terán que pagar para
    adquirir os Dereitos de Emisións.
  • O PIB español é dun 105 do da media europea. Si
    Europa se compromete a rebaixalas nun 20 ,
    España estará obrigada a facelo mesmo.
  • Esta situación é mellor que o reparto actual, que
    penaliza a España, e que tomaba como referencia o
    acordo de Kioto as súas emisións actuais por
    persoa son de 9,6 Tm de CO2 ao ano, mentres que a
    media europea é de 10 Tm de CO2 ao ano.

9
ENERXÍAS ALTERNATIVAS
  • A enerxía máis utilizada pola sociedade actual é
    a eléctrica. Esta prodúcese sobre todo nas
    centrais térmicas, onde se consume carbón, nas
    centrais nucleares e nas centrais
    hidroeléctricas.
  • A producción de enerxía eléctrica nas centrais
    térmicas emite grandes cantidades de CO2, o que
    contribúe o incremento do efecto invernadoiro.
  • Os gobernos tratan de buscar alternativas,
    subvencionando as inversións noutras fontes de
    enerxía, para que non produzan emisións á
    atmosfera sobre todo a enerxía eólica e solar.
  • O transporte e a industria consumen tamén grandes
    cantidades de combustibles derivados do petróleo
    que contribúen a aumentar as emisións de G.E.I. E
    tamén necesario buscar alternativas a estes
    combustibles.

10
FENÓMENOS METEOROLÓXICOS EXTREMOS
  • Como consecuencia do cambio climático estamos
    expostos a sufrir fenómenos meteorolóxicos
    extremos con maior frecuencia e gravidade como
    fortes inundacións, grandes períodos de seca,
    vagas de frío e de calor ou tornados devastadores
    (entre 1970 duplicáronse de maneira global o
    número de furacáns de máxima categoría de forza)
    que ocasionan grandes perdas económicas na
    agricultura, nas infraestructuras e nos bens
    persoais, froito destas catástrofes.
  • As consecuencias poden ser a falta de alimentos
    ou acentuación das diferencias no nivel de vida
    dos cidadáns, prexudicando ás clases máis pobres
    e os países menos desenvolvidos.

11
GASES DE EFECTO INVERNADOIRO
  • Son os que contribúen a que a atmosfera garde a
    calor que a Terra recibe do Sol.
  • A actividade industrial introduce algúns gases
    que de forma natural non se atoparían na
    atmosfera como SO2, NO2, NO, CO, CH4, HFCs, PFCs,
    SF6, que aumentan o efecto invernadoiro.
  • A concentración destes gases, mantívose durante a
    época pre-industrial, pero foi aumentando ata nun
    41,53 no 2000.
  • España emite cos seus 43 millóns de habitantes,
    tantos GEI como Arxentina, Chile, Colombia,
    Ecuador, Perú e Uruguay xuntos.
  • Segundo as conclusións do IPPC a temperatura
    media do planeta aumentará para finais do século
    XXI entre 4ºC e 6ºC o cal suporía un risco
    importante para a saúde e seguridade humanas.

12
HIDROLOXÍA
  • A falta de auga obriga ao goberno a tomar medidas
    extraordinarias no subministro para mitigar a
    desertificación con transvases entre as cuncas do
    Texo e do Segura .
  • Galicia elaborou un plan cun custo de 32 millóns
    de euros en distintas iniciativas para conseguir
    auga, aproveitar a que hai e concienciar aos
    cidadáns
  • Melloraranse as infraestructuras hidráulicas
  • Buscarase auga no subsolo aproveitando os
    acuíferos subterráneos
  • Promoverase a partir de xaneiro unha campaña
    pública de sensibilización social
  • Tamén se van construír, a cargo da xunta 20
    plantas de tratamento de augas residuais no 2008.

13
I.P.C.C.
  • Siglas en inglés para designar o Panel
    Intergubernamental para o Cambio Climático,
    formado por un grupo de máis de 2500 científicos
    auspiciado pola O.N.U. para certificar as
    evidencias do quecemento global.
  • Emitiu o seu último informe no pasado mes de
    Novembro trala cume do clima celebrado en
    Valencia, que propón tomar medidas inmediatas
    para evitar que as concentracións de CO2 na
    atmosfera superen as 550 partes por millón
    (p.p.m.) e contribuír a que as temperaturas non
    se incrementen en máis de 2ºC.
  • Por riba deste valor o cambio climático será
    moito máis abrupto e con impactos nefastos.

14
KIOTO
  • Protocolo que recolle os acordos asinados por 89
    países sensibilizados polo problema do cambio
    climático en decembro do 1997 e que entrou en
    vigor en febreiro do 2005 e ratificado ata o
    momento por 56 países, que se comprometeron a
    reducir as emisións de G.E.I. en un 5,2 por
    debaixo dos niveis de 1990.
  • A U.E. firmou un compromiso de redución dun 8
    das emisións para o período 2008-2012. España foi
    o país que máis se afastou das previsións xa que
    as emisións aumentaron un 45 con respecto ás de
    1990, no ano 2005.
  • Unha nova conferencia sobre o cambio climático en
    Bali acadou novos compromisos entre os países
    asinantes que substituirán aos asinados en Kioto.

15
LONGO E CURTO PRAZO
  • As consecuencias do cambio climático faranse
    sentir a longo prazo cun cambio drástico nas
    condicións climáticas como a perda das estacións
    de outono e primavera, pasando drasticamente de
    períodos cálidos a períodos fríos, cambios na
    flora e na fauna, perda de biodiversidade de
    vidas humanas.
  • A curto prazo apreciamos un endurecemento das
    condicións climáticas con períodos de seca máis
    longos do habitual, e períodos de choivas
    torrenciais tamén máis intensas do habitual e que
    producen inundacións. Tamén observamos cambios
    drásticos de temperatura.

16
MEDIO AMBIENTE
  • A consellería de Medio Ambiente habilitará unha
    rede de estacións de observación para seguir a
    evolución do cambio climático creando a Rede
    Galega de Observación do Territorio, que tratará
    de rexistrar a evolución dos ecosistemas máis
    relevantes.
  • Esta rede poñerase en marcha desde o centro de
    investigación e formación de Lourizán en
    Pontevedra e servirá para estudiar como
    evolucionan os ecosistemas como consecuencia dos
    cambios que se produzan no medio derivados do
    quecemento global.

17
MIGRACIÓNS MASIVAS
  • Segundo as conclusións do IPCC o Cambio Climático
    suporá un risco importante para a saúde humana
  • Aumento da intensidade de frecuencia de
    fenómenos meteorolóxicos extremos.
  • Perda da biodiversidade e dos recursos
    hídricos.
  • Expansión de enfermidades infecciosas...
  • Todas estas calamidades, xunto coa inundación das
    zonas costeiras, provocarán grandes
    desprazamentos humanos e animais a lugares onde
    poder vivir.
  • As poboacións máis afectadas serán as zonas
    tropicais e países menos desenvolvidos, onde se
    atopa a maioría da poboación. Os movementos
    migratorios de África a Europa, poden ser o
    comezo.

18
NIVEL DO MAR
  • Como consecuencia do quecemento global,
    producirase o desxeo dos casquetes polares, que
    xunto coa dilatación da auga polo aumento da
    temperatura dos océanos, ocasionará unha subida
    do nivel do mar de uns 20 cm, nos próximos 40
    anos, e de 40 a 60 cm para o ano 2100, co que se
    vería ameazada a seguridade de 2000 millóns de
    persoas, as construccións portuarias, e illas do
    Océano Pacífico que quedarán somerxidas
    diminuíndo a superficie habitable.
  • Galicia é unha das comunidades afectadas, polo
    que o goberno decidiu limitar o uso do solo nos
    primeiros 500 metros do litoral, xa que, o cambio
    de fisionomía da costa pode ser especialmente
    importante aquí.

19
ORIXE DO CAMBIO CLIMÁTICO
  • Dende a Revolución Industrial, ata hoxe, a
    cantidade de CO2 na atmosfera aumentou un 32 .
  • Así mesmo o metano, o óxido nitroso, e outros
    gases potenciadores do efecto invernadoiro, tamén
    incrementaron a súa concentración na atmosfera.
  • O consumo actual de combustibles fósiles equivale
    á cantidade que ó planeta lle levou formar un
    millón de anos, e inxecta na atmosfera máis de
    60001000.000 de Tm de CO2.
  • A concentración de CO2 non deixa de aumentar
    porque as emisións superan a capacidade de
    absorción dos océanos e dos bosques, como
    sumidoiros de CO2.
  • As causas principais varían segundo o hemisferio
  • No hemisferio norte están asociadas á xeración de
    enerxía, a producción industrial, e o transporte.
  • No hemisferio sur, ao cambio nos usos da terra,
    polas queimas de masas boscosas para a súa
    transformación en terras de cultivo ou pastizais.

20
PODERÍAMOS ARREFRÍAR O PLANETA?
  • Propostas dalgúns científicos
  • Aumentar a reflexión da luz solar ao espacio
    cubrindo os desertos con plásticos de cor branca,
    ou colocar nos océanos discos flotantes desa cor.
  • Dispersar na estratosfera compostos químicos que
    reflectirían a luz solar, como o SO2 que expulsan
    os volcáns.
  • Pulverizar bruma de auga salgada ao aire, desde
    potentes barcos a auga condensaríase sobre as
    moléculas de sal aumentando a reflectividade das
    nubes.
  • Fertilizar os océanos con ferro, que estimularía
    o crecemento do fitoplancto, e ao aumentar a tasa
    de fotosíntese, diminuíra o CO2 .
  • Qué che parece máis conveniente adoptar algunha
    destas propostas ou asumir a nosa
    responsabilidade compartida?

21
QUECEMENTO GLOBAL
  • É previsible que o incremento do Efecto
    Invernadoiro ocasionará
  • Aumento da temperatura da troposfera e
    arrefriamento da estratosfera (aumento das nubes
    estratosféricas).
  • Quecemento das rexións polares 2 ou 3 veces maior
    que nos trópicos.
  • Quecemento global entre 15 a 45ºC, (sendo a
    mellor estimación 25ºC).
  • As consecuencias do cal serán
  • Aumento de precipitacións e da evaporación en
    xeral, pero diminución das nevadas.
  • Aumento das precipitacións nos polos e diminución
    nos trópicos.
  • Diminución da cuberta e do grosor do xeo mariño.

22
RESPONSABILIDADE COMPARTIDA
  • A directiva europea de emisións só regula o 40
    das totais de G.E.I., orixinadas polas
    actividades de uso e transformación de recursos
    enerxéticos fósiles, industrias minerais e
    fabricación de pasta de papel e cartón.
  • Fóra de control queda o 60 restante xerado polos
    coñecidos como sectores difusos transporte,
    residencial, comercial, institucional,
    agricultura, silvicultura e xestión de residuos.
  • É importante polo tanto que sexamos conscientes
    que o Cambio Climático nos afecta a todos e
    aceptemos a nosa cota de responsabilidade
    compartida, xa que coas decisións que tomamos na
    nosa vida diaria podemos axudar a reducir
    decisivamente as emisións de G.E.I.

23
SEQUÍA
  • Tivemos un outono moi seco e diminuíron as
    reservas dos encoros.
  • Ana Lage, meteoróloga da Consellería de Medio
    Ambiente relaciona esta situación co fenómeno de
    la niña no Pacífico Ecuatorial.
  • Alí as temperaturas da auga son máis baixas do
    habitual, e iso propicia aquí unha situación
    anticiclónica, xa que as baixas temperaturas da
    costa peruana modifican a circulación
    atmosférica. Prevéese que si o fenómeno se
    prolonga nos próximos meses teremos unha
    precipitacións escasas.
  • Diante desta situación a Consellería adopta un
    plan para facer fronte á seca.

24
TEMPO E CLIMA
  • Podemos definir Tempo como o estado da atmosfera
    en un lugar e momento determinados
  • Definimos Clima como a sucesión periódica de
    tipos de tempo.
  • As condicións atmosféricas son dinámicas e
    variables, e fan que o clima da Terra, se atope
    en continua evolución, atravesando períodos máis
    estables e períodos de cambios máis abruptos,
    debidos a causas naturais como manchas solares,
    erupcións volcánicas, ciclos de Milankovicht...
  • Os cambios que se observan no clima actual, son
    producidos, segundo a (EPA) Axencia de Protección
    Ambiental dos EEUU, polo aumento dos G.E.I.,
    debido ó consumo de enerxías fósiles e a
    destrucción dos bosques tropicais.

25
UTOPÍA DO CAMBIO CLIMÁTICO
  • A humanidade xa se ten enfrontado con tarefas que
    nun principio parecían irrealizables.Si xa fomos
    capaces de parar a destrucción da capa de ozono,
    tamén seremos capaces de frear o avance do
    cambio climático. Aínda que os obxectivos desta
    utopía semellan ser excesivamente burocráticos
  • Reducir á metade as emisións de gases de efecto
    invernadoiro para mediados deste século respecto
    dos valores do 1990.
  • Conter o aumento da temperatura global a menos de
    dous graos para o 2050.
  • O secretario xeral da ONU, Ban Ki-Moon, asegura
    que existen medios reais e asequibles para
    combatelo.
  • Son os políticos quenes deben adoptar as medidas
    axeitadas.

26
VELLAS ENFERMIDADES
  • Expansión de enfermidades e pragas en animais,
    vexetais e persoas, xa que se prevé que
    enfermidades tropicais poidan desprazarse cara
    latitudes medias. A calor e a humidade,
    favorecen o desenvolvemento de organismos
    causantes ou transmisores de enfermidades.
  • Algunhas delas , como a malaria, cólera, dengue,
    son na actualidade, exclusivas dos trópicos, pero
    o aumento das temperaturas suporá a súa extensión
    cara latitudes máis altas.
  • Os países ao norte do Mediterráneo , entre eles
    España, corren o risco de sufrir serias epidemias
    procedentes de África.

27
XESTIÓN DOS RESIDUOS
  • Os residuos son recursos que deixan de sernos
    útiles, pero que na súa elaboración se utilizou
    unha gran cantidade de enerxía e se emitiron unha
    grande cantidade de G.E.I.
  • Actualmente tratámolos de tres formas
  • Incineración que contribúe ao incremento do
    efecto invernadoiro.
  • Vertedoiros controlados impermeabilizar, e
    tratar os lixiviados para que non resulten
    prexudiciais.
  • Separación e reciclaxe para elo precísase da
    colaboración dos cidadáns para conseguir unha boa
    separación en orixe, e a súa recuperación
    completa, incluso da fracción orgánica para a
    elaboración de compost, que ten grande interese
    na recuperación de espazos degradados.
  • A xestión das augas residuais, tanto as
    domésticas como as industriais, é tamén un
    obxectivo no que se están a realizar grandes
    investimentos

28
ZONAS MÁIS AFECTADAS
  • Parece que os países da conca mediterránea, entre
    eles España, serán os máis afectados polo cambio
    climático, sufrindo o azoute da desertificación.
  • Espérase que as augas do mar Mediterráneo acaden
    os 30º C, o cal afectará enormemente ó réxime de
    precipitacións e as especies que alí viven.
  • Moitos países costeiros, perderán parte da súa
    superficie, como os Países Baixos, Xapón, Corea,
    Taiwán,... Parte das illas da Indonesia corren o
    risco de desaparecer, como o arquipélago de
    Tuvalu.
  • Detectáronse nos últimos 60 anos máis de 335
    novas enfermidades infecciosas. Entre os factores
    que o explican atópase o quecemento global que
    ocasionou a expansión xeográfica de insectos e
    outros vectores animais de virus. Confeccionouse
    un mapa das zonas onde é máis predecible que
    xurdan.
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com