Title: O xabarín
1O xabarínO porco bravo
2CARACTERÍSTICAS
O xabarín é un porco salvaxe que representa un
dos mamíferos máis grandes (pode alcanzar 1.60
metros de lonxitude) . É tímido agás cando está
ferido que se transforma nun animal fero e
perigoso.
Ten o corpo robusto con cabeza triangular
prolongada nunha pequena trompa. Os seus cairos
(colmillos) son saíntes. Considerase que é
antecesor do porco doméstico.
3ONDE VIVE
- O xabarín (Sus scrofa) é un mamífero artiodáctilo
da familia dos suidos presente en Europa, aínda
que tamén hai subespecies en América, África e
Asia. - O xabarín pódese encontrar na península Ibérica,
onde a súa poboación é abundante e é considerado
como peza de caza maior. - Está incluído na lista 100 das especies exóticas
invasoras más prexudiciais do mundo.
4QUE COME
- Aliméntase de todo, é omnívoro froitas
silvestres, sementes, froitos secos, insectos,
tubérculos, raíces, cereais, vermes, mamíferos
pequenos, serpes, fungos, caracois, ovos e polos
de aves que fan o niño no chan, carroña.
5ESPECIES
-
- Sus scrofa scrofa habita en África do noroeste,
Europa e Asia do oeste. - Sus scrofa ussuricus habita en Asia e Xapón do
norte. - Sus scrofa cristatus habita en Asia menor
peninsular, a India e no este afastado. - Sus scrofa vittatus habita en Indonesia.
6COSTUMES
- Ten hábitos nocturnos, durante o día repousa
nunha especie de cama ou pequena escavación que
realiza no chan ao abrigo de rochas ou
matogueiras. - Vive en familias, cun macho e unha femia xunto ás
súas crías. As femias conducen ás crías algo
maiores, mentres que os machos protexen a
retagarda do grupo.
Gústalle envorcallarse no lodo e auga, co que
elimina gran cantidade de parasitos do seu denso
pelame, para a continuación refregarse fortemente
contra unha árbore.
7CURIOSIDADES
- A súa visión é escasa, pero o seu olfacto e oído
son agudos. - Encántalles a auga e son excelentes nadadores.
- Percorren grandes distancias a gran velocidade.
Durante os meses de outono/inverno, os machos
pelexan para conquistar a unha femia. En marzo
nacen as crías (jabatos) que moitas veces teñen
raias no pelo, pero a súa cor vaise igualando a
medida que medran.