EXERCICIOS DE COMPOSICIN PLSTICA - PowerPoint PPT Presentation

1 / 20
About This Presentation
Title:

EXERCICIOS DE COMPOSICIN PLSTICA

Description:

Unha composici n horizontal por formato pero tam n pola orde de distribuci n nos ... que Jaques Aumond chama 'instante pregnante': o anuncio de Cristo coa intenci n ... – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:54
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 21
Provided by: eduX
Category:

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: EXERCICIOS DE COMPOSICIN PLSTICA


1
EXERCICIOS DE COMPOSICIÓN PLÁSTICA SOBRE UN
POEMA DE MARÍA MARIÑO. IES O RIBEIRO. 2º
bacharelato. Prof. Xosé Manuel Rodríguez Alonso
2
Tiven medo de bogar tiven medo de auga
crara. Anque fora cuns bos remos anque fora na
mar calma. non bogaba!, non bogaba! O medo xa
non sei del. Xa secou aquel mar longo. E sin
saber donde veu, si é doutro ou é meu, navego nun
mar de fondo.
3
Tintoretto, O lavatorio, 1547.Unha
composición horizontal por formato pero tamén
pola orde de distribución nos focos de interese.
A mirada parte do tema central do acontecemento
bíblico pero pasa de longo en primeira instancia
para percorrer todo o cadro e voltar
posteriormente.Tintoreto está ilustrando o
momento anterior á última cea no que Cristo
comeza, por San Pedro, a lavarlle os pés áos
seus pouco máis se conta nesta pasaxe onde San
Pedro rexeita, en principio, que o seu mestre o
lave. Despois das razóns esgrimidas acepta.
4
Partindo pois, da marxe dereita, o espectador vai
percorrendo cada unha das pequenas escenas case
independentes que desglosan o mito coma nun
tráveling cinematográfico o lado dereito da
mesa, o final do punto de fuga, o lado esquerdo,
o personaxe que se traba intentando descalzarse,
o can, e volta ao tema principal, no que agora si
nos paramos. Queda para quen lle adique máis
tempo ao cadro, a visión clásica da última cea
reproducida nuha zona de penumbra na vertical da
cabeza do protagonista.Tintoretto tivo relación
co mundo do teatro, e as arquitecturas parecen
ilustralo, construídas cunha perspectiva
descentrada que acompaña ese percorrido da mirada
do espectador. Pero tamén é importande fixarse en
que non todas as escenas están tratadas igual. A
principal resume o tempo e recorre ao que Jaques
Aumond chama "instante pregnante" o anuncio de
Cristo coa intención de lavar a San Pedro, o seu
rexeitamento inicial, a aceptación unha vez
explicadas as razóns, e finalmente o
5
feito en proceso, reúneos Tintoreto nun
só instante. Os outros acontecementos xa se
quedan en instantáneas que serven para
contextualizar a literatura que subxace nesa
borda da composición na que só reparamos unha vez
lle demos a volta a todo o cadro.Despois do
estudo desta obra de Tintoretto, cada un dos
autores da carpeta, propúxose ilustar o poema de
María Mariño cunha composición de formato
similar, coa dificultade engadida de traballar
con imaxes abstractas. Acompáñase cada imaxe cun
breve estudo da colaxe.
6
(No Transcript)
7
O primeiro que chama a atención é a masa negra a
vista segue para a mancha amarela e detense na
verde. Logo fai un retroceso pola parte superior
acabando na violeta.O elemento laranxa, que lle
dá forza ás dúas masas negras, pódese considerar
como o protagonista da ilustración.Como no
poema, a ilustración pasa do medo producido polo
fondo escuro, á valentía e ilusión dos fondos
máis claros.ALBERTO ANDRÉ RAÑA.
8
(No Transcript)
9
Primeiro observo as cores máis claras, comezando
pola violeta, seguida da verde e a continuación a
amarela por último a negra e a laranxa.Os
elementos protagonistas son as manchas violeta e
verde, relacionando a primeira coa embarcación e
a segunda co suxeito lírico do poema. María
Mariño.As cartolinas divídense na composición en
dúas partes antagónicas que loitan sen que o
conflito se decante cara a un lado ou outro, ao
revés que no poema que remata de forma
optimista.MÓNICA CASTIÑEIRAS MEIRIÑO
10
(No Transcript)
11
Ao igual ca no poema, a composición parte dun
sentimento de desesperación representado pola cor
negra, pasa por un instante de luz de esperanza
representado pola cor laranxa ata chegar á cor
verde e amarela que representan o optimismo final
do poema.A cor violeta funciona de fondo e dálle
máis poder a todas as demais.CARMEN IRENE
DÍAZ RODRÍGUEZ
12
(No Transcript)
13
Na composición, o movemento da mirada percorre
toda a imaxe, desprazándose desde a mancha
violeta ata a verde, pasando pola negra e pola
laranxa antes. Pódese ver que a cor verde é a
que máis destaca porque simboliza a acción e o
movemento da ilustración. Tamén, porque xunto coa
cartolina laranxa xera un ambiente creativo, e o
fondo amarelo fai que a imaxe goce de moita
luminosidade e predomine sobre o negro
(representante do pesimismo), facendo que a
composición no seu conxunto sexa optimista e cree
unha sensación de esperanza sobre a situación de
partida.LAURA OTERO PÉREZ
14
(No Transcript)
15
O movemento que realiza a mirada é un movemento
rectilíneo que vai dende un plano inferior
(fondo) formado polas cartolinas negra, violeta e
laranxa, ata outro plano paralelo superior
(figura) formado polas cores verde e amarela.Os
elementos protagonistas son as cartolinas verde e
amarela, aínda que a máis destacada é a amarela
que lle imprime luz á composición e fai que
destaque con respecto dos demais
elementos.Paralelamente ao poema de María
Mariñoa cartolina amarela represéntanos o
barco, signo positivo da literatura galega e que
simboliza a vida.a masa verde representa a
silueta dunha persoa que pode ser tanto a
escritora coma o propio lectorámbalas dúas
forman parte da figura da composición e danlle
autoestima e positividade.Por outro lado
encontramosa cor violeta representa o mar, así
como a negra representa o ceo (noite), ámbalas
dúas teñen carácter negativo e pesimista.Como as
masas anteriores, estas tamén teñen unha función
que é a de crear un fondo que queda harmonizado e
consolidado coa pequena masa laranxa que
representa a lúa.En definitiva viaxamos dende
cores escuras que crean un fondo pesimista ata as
cores máis claras que crean a figura principal
cargada de optimismo ilustrando o percorrido
emocional do poema.BRUNO REY CARPINTERO
16
(No Transcript)
17
Nesta colaxe a mirada arranca na cartolina verde,
pasando para a masa amarela, logo a violeta,
parando na laranxa e retrocedendo á masa negra.
Tamén podemos dicir que a cartolina verde e a
laranxa son protagonistas con respecto ás masas
amarela, negra e violeta que son fondos. Con
respecto ao poema, a masa verde é unha persoa que
está loitando entre o ben e o mal, a masa verde
atópase nuha zona neutra que sería o amarelo. A
masa laranxa é un sol que loce na zona
positiva.MARÍA ISABEL SEOANE LORENZO
18
(No Transcript)
19
Logo de ler o poema, podemos ilustralo con esta
composición, na cal percibimos as preocupacións
que a autora quere transmitir.Recoñecemos unha
parte pesimista que non ten moita importancia
porque sobresáelle a parte optimista, polas cores
de que se compón.O percorrido da mirada, de
arriba cara abaixo, voltando á masa verde
central, favorece a evocación de formas
figurativas a masa de cor amarela tomámola como
o sol, que reflicte a alegría a verde, un barco
co cal podemos viaxar a un lugar mellor e a
laranxa, que cobra o maior protagonismo, é un
peixe que imaxinamos feliz, estando na mar. Todos
sobre un fondo formado pola cartolina negra e a
violeta.Concluímos por tanto que os elementos
positivos se impoñen sobre un fondo
pesimista.SANDRA SOTO ÁLVAREZ
20
Esta carpeta elaborouse para conmemorar o día das
Letras Galegas de 2007, nas clases de Debuxo
Artístico do IES O Ribeiro de Ribadavia.Imprimír
onse 12 exemplares numerados
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com