OS BLOGS - PowerPoint PPT Presentation

1 / 37
About This Presentation
Title:

OS BLOGS

Description:

... de deixar comentarios sobre os posts publicados, podendo dar lugar a debates. ... Nos blogs os lectores poden deixar comentarios, o que tam n d lugar a debates. ... – PowerPoint PPT presentation

Number of Views:184
Avg rating:3.0/5.0
Slides: 38
Provided by: luzvarelaa
Category:
Tags: blogs | debates

less

Transcript and Presenter's Notes

Title: OS BLOGS


1
OS BLOGS
  • María Luz Varela Armas
  • Ciberliteratura e Cultura Dixital
  • 2006/2007
  • USC

2
  • Que é un blog?
  • Para que se usa un blog?
  • Variantes dos blogs
  • As comunidades blogueiras
  • Os blogs como fenómeno social
  • Conclusións
  • Bibliografía

3
os blogs gt que é un blog?
  • 1. Que é un blog?
  • Cara unha definición
  • Orixes
  • Terminoloxía
  • Como crear un blog?

4
os blogs gt que é un blog? gt cara unha definición
  • Cara unha definición I
  • O que denominamos weblog, blog ou caderno de
    bitácora é un sitio web persoal coas seguintes
    características
  • Nel publícanse artigos, denominados posts, que
    poderemos ver ordenados cronoloxicamente. O autor
    destes artigos pode ser individual ou colectivo e
    denomínase weblogger.

5
os blogs gt que é un blog? gt cara unha definición
  • Cara unha definición II
  • Os lectores teñen a posibilidade de deixar
    comentarios sobre os posts publicados, podendo
    dar lugar a debates.

6
os blogs gt que é un blog? gt cara unha definición
  • Cara unha definición III
  • Adoitan incluír ligazóns de diferentes tipos
  • trackbackenlace inverso (tamén denominado
    retroenlace) que permite saber que weblogs
    enlazan cun determinado post, de xeito sabemos
    qué outros blogs citan os nosos posts.
  • permanent linksson enlaces permanentes a cada
    post que permiten que sexa citado noutros blogs.
  • blogrolllista de ligazóns a outras bitácoras
    seleccionada polo autor.

7
os blogs gt que é un blog? gt cara unha definición
  • Cara unha definición IV
  • lista de arquivos anteriores.
  • outras ligazóns incluídas polo autor.
  • Poden incluír medios que permitan a sindicación
    dos seus contidos. Isto funciona do seguinte
    xeito
  • ?O blog usa un estándar
    de sindicación web, coma
    RSS ou Atom

8
os blogs gt que é un blog? gt cara unha definición
  • Cara unha definición V
  • Os programas compatíbeis con este estándar poden
    acceder a unha páxina con titulares que enlaza
    cos posts orixinais ?
  • Deste xeito ponse a disposición doutros sitios
    web ou de subscriptores individuais parte do
    contido do blog.
  • ?En moitos casos, aínda que non sempre, o blog
    inclúe unha clasificación dos seus posts en
    categorías.

9
os blogs gt que é un blog? gt orixes
  • Orixes I
  • Os weblogs, blogs ou cadernos de bitácora
    actuais podémolos considerar descendentes de
  • webs persoais tradicionais de actualización
    frecuente que se achegaban ao concepto de blog
    coma diario na rede.
  • foros, aplicacións web que serven soporte para
    discusións na rede. Nos blogs os lectores poden
    deixar comentarios, o que tamén dá lugar a
    debates.

10
os blogs gt que é un blog? gt orixes
  • Orixes II
  • Xeralmente dáse o nome de Justin Hall coma un
    dos primeiros bloggers. Justin Hall escribiu o
    seu diario na rede desde 1994 até 2005.
  • A aparición dos blogs, malia situarse no ano no
    que Justin Hall comeza a escribir na rede, é un
    proceso no que, pouco a pouco, moitas webs
    persoais tradicionais foron tomando a forma do
    que hoxe coñecemos como blog.

11
os blogs gt que é un blog? gt terminoloxía
  • Terminoloxía
  • O termo weblog foi acuñado o 17 de decembro de
    1997 por Jorn Barger, quen se refire con el ao
    proceso de escribir un diario na rede (logging
    the web). Por derivación aparece weblogger, que
    fai referencia á persoa que escribe nun weblog.
  • É Peter Merholz quen acuña a forma curta, blog,
    da que deriva blogger (forma curta de weblogger)
    e bloggear, é dicir, publicar artigos nun blog.

12
os blogs gt que é un blog? gt terminoloxía
  • Terminoloxía II
  • As traducións do inglés deron lugar a outras
    denominacións coma caderno de bitácora ou diario
    en rede.
  • Tamén é frecuente a adaptación da palabra blog
    ao galego e ao portugués, dando lugar á forma
    blogue.
  • Cada un dos artigos dun blog é denominado post
    en inglés, de aí a aparición do verbo postear
    para referirse á acción de publicar textos nun
    blog.

13
os blogs gt que é un blog? gt como crear un blog?
  • Como crear un blog? I
  • Sen dúbida unha das vantaxes dos blogs é que non
    é preciso ter uns grandes coñecementos de
    informática para crear un, xa que existen
    multitude de ferramentas gratuítas que nos
    permiten facelo de forma sinxela. Vexamos
    algunhas
  • Bloggeré quizais a ferramenta máis coñecida
    e usada. Na actualidade está a mellorar as súas
    características, o que xa podemos comprobar na
    nova versión beta (en desenvolvemento).

14
os blogs gt que é un blog? gt como crear un blog?
  • Como crear un blog? II
  • Blogoteca ferramenta que destacamos por ser
    un sistema gratuíto xurdido en Galiza.
  • Blogaliza ferramenta, tamén galega, que nos
    permite crear blogs.
  • Outras coma Nireblog, Blogsome, Blog.com,
    WordPress, Bitácoras gratis, msn spaces...
  • Con calquera destas ferramentas, seguindo unhas
    doadas instrucións, podemos crear o noso propio
    blog nuns minutos.

15
os blogs gt para que se usa un blog?
  • 2. Para que se usa un blog?
  • Os blogs como diarios na rede
  • Os blogs e a literatura
  • Blogs e outras actividades

16
os blogs gt para que se usa un blog? gt os blogs
como diarios na rede
  • Os blogs como diarios na rede I
  • Cando falamos dun blog no primeiro que pensamos
    é nun sitio web persoal no que o autor vai
    contando as súas vivencias a modo de diario (de
    feito, niso consistía a bitácora, xa
    desaparecida, do que se considera un dos
    primeiros webloggers, Justin Hall.)
  • Na actualidade, a maioría dos blogs compóñense
    dunha mestura de contidos entre os que podemos
    encontrar
  • vivencias persoais

17
os blogs gt para que se usa un blog? gt os blogs
como diarios na rede
  • Os blogs como diarios na rede II
  • reflexións
  • imaxes
  • arquivos de son
  • videos que ao autor lle pareceron interesantes
    (sobre todo desde a aparición de YouTube) etc.
  • Malia todo, hai blogs cuxos obxectivos van alén
    de seren un sinxelo diario na Internet, como imos
    ver nos apartados seguintes.

18
os blogs gt para que se usa un blog? gt os blogs e
a literatura
  • Os blogs e a literatura
  • Moitas das bitácoras existentes na Internet
    teñen a divulgación de textos literarios como
    obxectivo básico. Neste senso os blogs poden ser
  • De autores inéditos que buscan darse a coñecer.
    Un dos casos máis coñecidos é o do blog de
    Baghdad Burning que, tras recibir o Premio Samuel
    Johnson, se deu a coñecer e viu as verbas do seu
    blog publicadas en papel.
  • De autores consolidados que pretenden achegarse
    aos seus lectores, por exemplo Yolanda Castaño.

19
os blogs gt para que se usa un blog? gt os blogs e
outras actividades
  • Blogs e outras actividades
  • Moitos blogs non son un feito illado, senón que
    son parte da promoción doutro tipo de
    actividades, como por exemplo
  • Programas de televisión, por exemplo A casa de
    1906.
  • Publicidade, é o caso do blog dunha campaña
    contra a pobreza, coñecida por un video no que
    supostamente se roubaba o escano de Zapatero.
  • Música, moitas persoas dedicadas á música usan o
    seu blog para se promocionaren. Un exemplo é o
    vigués Iván Ferreiro.

20
os blogs gt derivados dos blogs
  • 3. Variantes dos blogs
  • Fotologs
  • Audioblogs
  • Vlog ou videoblogs
  • Moblogs

21
os blogs gt derivados dos blogs gt fotologs
  • Fotologs I
  • Un fotolog é un diario na rede cuxo elemento
    principal non é o texto, senón a imaxe.
  • Os elementos que contén todo fotolog son
  • Imaxes que se publican periodicamente por orde
    cronolóxica. É un elemento imprescindíbel.

22
os blogs gt derivados dos blogs gt fotologs
  • Fotologs II
  • Comentarios do autor
  • Comentarios dos visitantes
  • Ligazóns a outros blogs
  • Crear o noso fotolog é doado xa que, coma no
    caso dos blogs, existen ferramentas de fácil
    manexo para facelo
  • Fotolog.com, a máis usada
  • Tamén nos permiten crear fotologs as ferramentas
    para crear blogs

23
os blogs gt derivados dos blogs gt audioblogs
  • Audioblogs
  • Un audioblog ten tódalas características dun
    blog, mais o seu elemento principal é un arquivo
    de audio
  • Podemos crear un audioblog coas ferramentas de
    creación dun blog grazas a Audioblog.com, que nos
    permite publicar as entradas de audio
    directamente no noso weblog

24
os blogs gt derivados dos blogs gt vlogs
  • Vlogs ou videoblogs I
  • Un videoblog aplica o concepto de blog aos
    videos, é dicir, é un diario na rede no que
  • O elemento principal é un video
  • Hai comentarios do autor e dos visitantes
  • Ten ligazóns a outros vlogs

25
os blogs gt derivados dos blogs gt vlogs
  • Vlogs ou videoblogs II
  • Podemos usar as ferramentas de creación de
    blogs tradicionais para crear un videoblog,
    grazas á hospedaxe gratuita de videos que nos
    ofrecen sitios coma
  • YouTube, o máis coñecido e usado
  • Outros coma Google Video, Dailymotion ou
    Vsocial

26
os blogs gt derivados dos blogs gt moblog
  • Moblog
  • Desde o punto de vista do creador, un moblog é
    un blog ou calquera dos seus derivados que se
    pode actualizar desde un dispositivo móbil
  • Desde o punto de vista do lector, un moblog é un
    blog ou unha variante de blog que se pode ler
    desde un dispositivo móbil

? PDA
PDA teléfono móbil ?
? Teléfono móbil
27
os blogs gt as comunidades blogueiras
  • 4. As comunidades blogueiras
  • Que é unha comunidade blogueira?
  • Comunidades blogueiras galegas

28
os blogs gt as comunidades blogueiras gt que é unha
comunidade blogueira?
  • Que é unha comunidade blogueira? I
  • Cando unha persoa crea un blogue adoita poñerse
    en contacto con outros weblogers cos que comparte
    trazos coma
  • a procedencia xeográfica
  • a lingua
  • a temática
  • etc.

29
os blogs gt as comunidades blogueiras gt que é unha
comunidade blogueira?
  • Que é unha comunidade blogueira? II
  • En ocasións estas persoas crean sitios web
    conxuntos, constituíndo así unha comunidade
    blogueira. Nestes sitios
  • Hai ligazóns a tódolos blogs que pertencen a esa
    comunidade
  • Recóllense os titulares dos blogs que permiten a
    sindicación dos seus contidos
  • Por extensión chámaselle comunidade blogueira a
    calquera conxunto de blogs que compartan algunha
    característica, sen necesidade de teren un sitio
    web conxunto.

30
os blogs gt as comunidades blogueiras gt
comunidades blogueiras galegas
  • Comunidades blogueiras galegas I
  • Blogalego comunidade de 490 blogs en galego,
    asociada á ferramenta de creación de blogs
    Blogoteca
  • Blogalizacomunidade de blogs en galego asociada
    á ferramenta de creación de blogs do mesmo nome.

31
os blogs gt as comunidades blogueiras gt
comunidades blogueiras galegas
  • Comunidades blogueiras galegas II
  • Blogomillo é o termo que se refire a tódolos
    blogs en galego, pertenzan ou non ás comunidades
    anteriores, que segundo a lista de Blogaliza son
    2.136
  • Recentemente lantania.com, usando google maps,
    creou un mapa dos blogs galegos

32
os blogs gt os blogs como fenómeno social
  • 5. Os blogs como fenómeno social
  • Os blogs coma unha nova forma de expresión

33
os blogs gt os blogs como fenómeno social gt os
blogs coma unha nova forma de expresión
  • Os blogs coma unha nova forma de expresión I
  • Os blogs son unha nova forma de expresión cuxo
    éxito se debe a diversas razóns
  • é moi doado crear un
  • é gratuíto
  • chega a calquera parte do mundo
  • permítenos expresarnos e comunicarnos facilmente

34
os blogs gt os blogs como fenómeno social gt os
blogs coma unha nova forma de expresión
  • Os blogs coma unha nova forma de expresión II
  • Na actualidade é todo un fenómeno social que non
    para de medrar
  • comézase a ter en conta o que se di nos blogues
    e estes son citados continuamente noutros medios
    coma a prensa ou a televisión
  • realízanse estudos serios sobre o fenómeno, un
    exemplo é A blogosfera en galego demografía,
    usos e contidos, estudo realizado polo grupo
    Novos Medios da USC

35
os blogs gt conclusións
  • Conclusións
  • os blogs e as súas variantes son un dos formatos
    web que maior aceptación tiveron desde o
    nacemento da Internet (por non dicir o que máis),
    tanto en usuarios avanzados coma en usuarios con
    poucos coñecementos
  • supoñen unha forma de expresión nova coa que
    calquera pode dar a coñecer novas, textos
    literarios, opinións... sen ningún custe e cunha
    grande difusión

36
os blogs gt conclusións
  • Conclusións II
  • supoñen, polo tanto, un fenómeno que evoluciona
    de xeito espectacular e que a sociedade vai
    coñecendo pouco a pouco para telo cada vez máis
    en conta. É, ademais, un fenómeno de especial
    importancia en Galiza (sobre todo desde 2005)

37
os blogs gt bibliografía
  • Bibliografía
  • http//gl.wikipedia.org/
  • http//pt.wikipedia.org/
  • http//es.wikipedia.org/
  • http//en.wikipedia.org/
  • http//fr.wikipedia.org/
  • http//www.sfgate.com/cgi-bin/article.cgi?file/c
    /a/2005/02/20/MNGBKBEJO01.DTL
  • http//www.20minutos.es/premios_20_blogs
  • http//www.blogalego.com/
  • http//blogaliza.org/
  • http//www.blogger.com
  • http//www.lantania.com/
  • http//www.novosmedios.org/
  • http//www.vieiros.com/
  • http//www.vieiros.com/publicacions/veredicion.php
    ?Ed42

INICIO
Write a Comment
User Comments (0)
About PowerShow.com